Galegas, galegos, catalás, cataláns, cidadás e cidadáns do mundo e da galaxia…
BENVIDAS E BENVIDOS!
O blog da Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) é un espazo virtual de encontro para aquela xente que, vivindo ou de paso por Catalunya, quere achegarse ao activismo cultural, estar ao día das actividades e dos actos da ACGB ou participar nalgún dos seus proxectos.
A ACGB agrupa colectivos e persoas de diferentes ámbitos. Baixo o seu paraugas atoparás dende colectivos xa históricos (como a compañía de teatro Furafollas) ata proxectos que acaban de arrincar (como a LudoteGa ou a FIA de Barcelona). Na páxina de cada proxecto atoparás información detallada sobre como colaborar. A participación nos proxectos esta aberta a todo o mundo. Se tes algunha idea ou algún proxecto novo que che gustaría pór en marcha, non o dubides e contacta con nós.
A ACGB ten unha organización asemblearia para garantir a transparencia e participación de tod@s. Animámoste a asociarte e participar nas asembleas, xa que a sostibilidade do proxecto depende tanto das cotas das socias e dos socios, como das actividades mensuais que se organicen.
Na Axenda da ACGB podes atopar as datas das próximas asembleas e tamén as actividades xa programadas. Tamén podes estar informado a través do noso twitter (@acgbcn) ou no facebook.
Para máis información contacta con nós en info.acgb@gmail.com
Móvete, participa, crea.