O día 17 de maio, xoves, ás 19:30h, a Asemblea Cultural Galega de Barcelona organiza un acto na Galería Sargadelos de Barcelona con motivo das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Valentín Paz Andrade. No acto contarase coa participación dos colectivos que actualmente están vinculados á ACGB (LudoteGa, FIA, Conversem[os], Proxecto Galauda, Gosto do Magosto e mais a Compañía de Teatro Furafollas), así como do pintor do barrio de Monte Alto da Coruña, Branda, que pechará a exposición que neste mes decoraba a galería.
Non faltarán o licor café e empanada.
Agardámosvos!!!!!!!!!!
A ACGB organiza as Letras Galegas en Sargadelos
Esta entrada foi publicada en Novas. Ligazón permanente.