Este xullo a xente da LudoteGa programou unha actuación da Agrupación Teatral FURAFOLLAS.
Presentaran ‘MALABABA’ o sábado 7 de Xullo ás 12h no Ateneu Roig (Gràcia) cunha obra dirixida tanto aos pequenos como a xente adulta.
Non o podedes perder!!! Para os que non coñezades a Furafollas, velaquí unha mostra do seu traballo: http://www.youtube.com/watch?v=sjv5ke7dzGM
E ademais, a xente da LudoteGa, xa están comezando a preparar novas xornadas para cando volvan de vacacións.
Como sabedes a Ludotega é un proxecto autoxestionado, ¿algún pai/nai anímase a participar nalgunhas das próximas actividades? A contar algún conto que vos explicaban os avós, ensinar algunha canción, ou se vos lembrades dalgún xogo tradicional ao que xogabades de pequenos… escríbelles a ludotega@gmail.com, todo é benvido!!
¡BO VERÁN!
Pódelos seguir no BLOG da LudoteGa e no perfil de FACEBOOK. Estades toda/os convidados a compartir neste espazo, aberto á vosa participación e ás vosas ideas.