FIA Foliada intercultural aberta

Menuda troula onte no Carrer Ciutat Reial!!

Grazas a tod@s pola vosa participación, cantando, bailando… demostrando que @s galeg@s nos atrevemos ata coas habaneras ;-), que temos enerxía para rato e … ¡ que a nosa cultura está máis viva que nunca en Barcelona!

Xa hai algunhas fotos do evento disponibles en Flickr, pero agardamos as vosas, e tamén videos (enviádeos a info.acgb@gmail.com ou o google group da FIA).

E despois dunha festa así, sempre quedan ganas de máis. O día 11 estaremos en Passeig Sant Joan, e xa estamos buscando onde será a FIA de outubro. Tamén continuan as Tranqui Fias e esperamos pronto ter algún taller de baile e pandeireta. Non deixedes de consultar este blogue e o facebook para non perder nin unha pandeirada.

Apertas fiadeiras!

 

View original post

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s