Cursos de lingua galega na EOI Barcelona-Drassanes

A pesar dos numerosos intentos anteriores, a posibilidade de cursar galego nunha escola oficial de Barcelona soamente puido ser posible, por primeira vez, o curso pasado. Como é posible que no estado español poidamos estudar un sen número de linguas estranxeiras nas escolas oficiais e, en cambio, sexa tan difícil estudar as propias linguas oficiais? Na EOI Barcelona-Drassanes, o soño de estudar galego continúa neste curso 2012-2013, xa que se ofertan dous niveis de cursos de lingua galega, parcialmente subvencionados pola Xunta de Galicia. A ACGB apoia esta iniciativa, levada a cabo por membros da propia asociación, contribuíndo coa súa difusión, dado que a continuidade destes cursos depende da demanda de alumnado interesado.

Se queredes saber máis consultade a web da escola:  http://www.eoibd.cat/ (“Idiomes”>”Altres”>”Gallec”) ou escribídelle un correo electrónico á profesora dos cursos (anaescourido@gmail.com).

A matrícula comeza o vindeiro 27 de setembro e pódese facer por internet (cursosespecials.secretaria@eoibd.cat) ou presencialmente na secretaría de cursos especiais (martes 10.00-12.00 e xoves 17.00-19.00).

O horario dos cursos:

  • Curso inicial: venres de 16.00 h a 19.00 h (do 09/11/12 ao 10/05/13).
  • Curso intermedio: martes e xoves de 16.30 h a 18.30 h (do 06/11/12 ao 02/05/13).

Unha resposta a “Cursos de lingua galega na EOI Barcelona-Drassanes

  1. Hai que dicir que estes cursos contan co apoio da SXPL da Xunta de Galícia, porque se considera importante iniciar así o camiño para que se estableza unha oferta estable de cursos de lingua galega dende as EOI. Esperemos que isto sexa só o inicio para chegar, efectivamente, a esa oferta estable, como acontece por exemplo na EOI de Madrid dende 1984.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s