MAGOSTO 2012

Xa chegou!! Velaquí está!! A festa máis agardada de todo o ano: o Magosto!!!! Se es dos que cando comeza o outono non fas máis que ver gaiteiros, pandeiretas e licor café por todas partes, esta é a túa festa. Unha festa autoxestionada, coa intención de que non se perda esta tradicional celebración.

Cando e onde? O sábado 10 de novembro no merendeiro de Sant Vicenç dels Horts (como chegar?).

Como participar? Primeiro tes que facer a inscrición en liña entre o 8 e o 24 de outubro.  Logo, o 19 ou o 26 de outubro, terás que vir pagar a cota para participares (15 euros normal, 12 euros socias/os da ACGB) ao Ateneu Roig de Gràcia (carrer Ciutat Real, 25) entre as 19 e as 22h.

Queres saber máis? Toda a información na web do Magosto en Barcelona: vídeos de anos anteriores, o plan de festa, como podes axudarnos, etc. Non deixes de visitala!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s