Achégase unha das fins de semana máis intensas dende ó nacemento de ACGB. Para quen ninguén falte aquí vos deixamos un resumo:
- Venres 19, de 19:00 a 22:00h cobro das entradas do Magosto. Lembrade inscribirvos na páxina do Magosto (https://sites.google.com/site/magostoenbarcelona/).
- Sábado 20 a partir das 19:30h presentación do libro NOS MUROS DO MUNDO, de Amauta Castro. Contaremos coa Helena González, profesora de Estudis Gallecs i Portuguesos e investigadora do Centre Dona i Literatura na Universitat de Barcelona, Gabriel Beceiro, filósofo, Claudia Calvo, membro do colectivo poético ‘Pharos’ do Ateneu Roig, e Amauta Castro, autor do libro….e tamén música en directo!
- Domingo 21 a partir das 19 h seguemento da xornada electoral en Galiza e Euskadi. Pase o que pase…que non falte o debate nin o licor café! 🙂
Tamén o Sábado ás 18h hai reunión d@s interesad@s en participar e axudar na LUDOTEGA e o Domingo ás 19h do Grupo de Comunicación.
Todas as actividades celebraranse no Ateneu Roig (carrer Ciutat Real, num 25 – Gràcia).
Agardámosvos!