Estamos preparando a celebración do Entroido, festa ben arraigada na nosa Galiza, con dúas propostas nas que estades tod@s convidad@s a participar:
– O sábado 9 de febreiro participaremos na ‘Rúa de Carnestoltes’ do barrio de Gràcia, onde haberá desfile e concurso, coa idea básica de pasalo ben. A temática será lingüística, na liña de escarnio e denuncia social que caracteriza esta festa.
– O domingo 10 de febreiro terá lugar o V Encontro Ludotega – Viva o Entroido! a partir das 11.30 h no Ateneu Roig (c/ Ciutat Reial, 25 – Gràcia) onde celebraremos o entroido cos máis pequenos. Faremos uns puchos de peliqueiro e os debuxaremos, cantaremos cancións, escoitaremos un conto e comeremos filloas. Para que os compañeiros da LudoteGa podan calcular @s nen@s que asistirán, podedes escribir a ludotega@gmail.com
Bota unha ollada ao evento do Facebook!!!!
Contacto ACGB info.acgb@gmail.com
Esperámosvos!!