O vindeiro 2 de marzo, sábado, a Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebra o primeiro aniversario da súa existencia na Euskal Etxea (cómo chegar)
Das 13.30 h ás 15.00 h, haberá un vermú musical organizado pola propia Euskal Etxea no que a FIA da ACGB ten unha cita.
Ás 20.00 h comeza o concerto do cantante galego Davide Salvado. Davide posúe unha das voces masculinas con máis proxección do panorama galego. É un artista integral, capaz de encher o escenario coa súa carismática presenza. Presenta un espectáculo no que a súa voz, chea de matices e dramatismo, sutil e potente, brilla e convence, enche e chega.
Desta vez, Salvado ven acompañado de percusións tradicionais, como a pandeireta galega, o pandeiro cadrado de Peñaparda e o adufe portugués.
Foi o cantante da formación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, integrante do grupo Ecléctica Ensemble e, actualmente, é unha das voces en “A Banda das Crechas“, ademais de actor e performer.
O primeiro traballo discográfico conta coa produción artística de Eliseo Parra, polo que a calidade do resultado final está máis que asegurada. Alén diso, está a preparar o segundo traballo, máis tribal, máis puro.
Este concerto está dobremente programado. A Euskal Etxea conta con Davide Salvado na axenda da Korrika (“correndo”, en galego). Korrika é unha marcha reivindicativa en apoio ao euskera.
O domingo, 3 de marzo, das 12 h ás 14:30 h, impartirá unha aula de canto e pandeireta.
Máis información: http://jarramplas.blogspot.com.es/2011/06/davide-salvado-arnica-pura.html
**Finalmente, por motivos personáis, non contará coa colaboración da cantante galego-palestina, Najla Shamin.
Venda de entradas:
- De luns a venres, das 16 h ás 20 h no Ateneu Roig (C. Ciutat Reial núm. 25, Vila de Gràcia)
- O sábado, 26 de xaneiro, das 18 h ás 21 h en Can Batlló. (C. Constitució,19 – con C/Mossèn Amadeu Oller)
- No mesmo dia do concerto. Hai aforo limitado, é aconsellable mercalas antes.
** Importante: Lembrade levar a chapa que vos identifica como socia/o para ter o prezo reducido (6 € socios de ACGB e Euskal Etxea e 8 € non socios)
Contacto: info.acgb@gmail.com – Prema aquí: Evento FACEBOOK
Reblogged this on ACGB.