A LudoteGa xa leva case un ano de andaina, cuns cantos encontros nos que o pasamos de marabilla (mirade as fotos!). E como agora xa estamos en primavera decidimos volver ao Parc de la Ciutadella, despois de facermos algúns encontros durante o inverno no Ateneu Roig de Gràcia. Apuntade na axenda: domingo 14 de abril ás 12h na Ciutadella (preto do museo de xeoloxía tal como indica a ✭ do plano). Haberá cancións, contos, xogos, música, globos, pintarémonos a cara…
Despois das actividades para os pequenos, continuaremos cun xantar no que cadaquén trae a súa comida… non esquezades as mantiñas para facer a sesta!!
** Importante: como sabemos que o mes de abril tamén pode vir chuviñoso, temos un plan B por se acaso: o Ateneu Roig (carrer Ciudad Real, núm. 25, no barrio de Gràcia). Se as predicións meteorolóxicas avisan de choiva ou frío, informaremos no facebook e mediante correo electrónico de que trasladamos o encontro ao Ateneu Roig.
Lembramos que a LudoteGa está organizada por un grupo de nais e pais voluntarios que queremos organizar actividades en galego para os nosos nenos e nenas e dun xeito autoxestionado. Por iso animámosvos a que colaboredes: quen poida ou queira que nos bote unha man, ou ben, que nos dea ideas, etc. A LugoteGa encádrase dentro do proxecto da Asemblea Cultural Galega de Barcelona.
EVENTO DO FACEBOOK