A ACGB celebra as Letras Galegas en Barcelona

A Asemblea Cultural Galega de Barcelona celebrará o vindeiro domingo 19 de maio no Ateneu Roig (Carrer Ciudad Real, 25-Vila de Gràcia) as Letras Galegas. Faráo dun xeito especial pois aproveitará a ocasión para homenaxear tamén ás letras catalanas. Xa que logo, á homenaxe á figura de Roberto Vidal Bolaño hai que sumar o recoñecemento que se fará a Miquel Martí Pol e máis a Salvador Espriu.

Os actos comezarán pola mañá coa celebración dunha nova edición da LudoteGa Barcelona na que os nenos e nenas participantes elaborarán un maio e realizarán diferentes actividades coa lingua galega como fío conductor. O xantar popular dará paso á sobremesa, amenizada pola Foliada Intercultural Aberta (FIA), e máis ao “Acto das Letras-Acte de les Lletres” no que veciñas e veciños da rúa Ciudad Real de Barcelona e máis integrantes da ACGB lerán textos de Vidal Bolaño, Rosalía de Castro (ao cumprirse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos), Miquel Martí Pol e Salvador Espriu. O acto rematará coa lectura do manifesto das Letras Galegas e das Lletres Catalanes e máis cunha queimada popular.

A ACGB conta para a celebración destas actividades coa colaboración do Ateneu Roig, da Asociación de Veciñas/os do Carrer Ciudad Real, do proxecto Catalizador, da LudoteGa, do grupo teatral Furafollas e máis da FIA.

LetrasGalegas_ULTIMO

L’Assemblea Cultural Galega de Barcelona celebrarà el proper diumenge 19 de maig a l’Ateneu Roig (Carrer Ciudad Real, 25-Vila de Gràcia) les Lletres Gallegues. Ho farà d’una manera especial, ja que aprofitarà l’ocasió per  fer homenatge també a les lletres catalanes. Per tant, a l’homenatge a la figura de Roberto Vidal Bolaño hem de  sumar el reconeixement que es farà tant a Miquel Martí Pol com a Salvador Espriu.

Els actes començaran al matí amb la celebració d’una nova edició de la LudoteGa Barcelona, en la qual els nens i nenes participants elaboraran un ‘maio’ i faran diverses activitats amb la llengua gallega com a fil conductor. Seguidament un dinar popular, organitzat per la AAVV del Carrer Ciutat Real, donarà pas a la sobretaula, amenitzada per la  Foliada Intercultural Aberta (FIA), i  al “Acto das Letras-Acte de les Lletres”.  En aquest, les veïnes i veïns del carrer Ciutat Real de Barcelona, juntament amb integrants de l’ACGB, llegiran textos de Vidal Bolaño, Rosalía de Castro (ja que es compleix el 150 aniversari de la publicació de Cantares Gallegos), Miquel Martí Pol i Salvador Espriu. L’acte acabarà amb la lectura del manifest de les Lletres Gallegues, de les Lletres Catalanes i amb una queimada popular.

L’ACGB compta per a la celebració d’aquestes activitats amb la col·laboració  de l’Ateneu Roig, de l’AAVV del Carrer Ciudad Real, del projecte Catalizador, de la LudoteGa, del grup teatral Furafollas i de la FIA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s