Querémonos volver a ver antes de marchar de vacacións (algúns vanse a Galiza!). Por iso estamos a preparar un encontro da Ludotega para o domingo 30 de xuño ás 12 h no Parc da Ciutadella; e, coma sempre, ímolo pasar en grande. Desta vez, haberá maxia, cancións e bailes, contos, xogos… E logo, os que queirades podedes traer xantar para facer pícnic no parque e facer sobremesa mentres deixamos que as crianzas xoguen (non esquezades traer cousas ben ricas, e mais protección solar para non queimarnos!).
Moitas grazas a Doa Casanova por facernos este debuxo ♥!