Conversem[os]: intercambios lingüísticos (galego/català)

Image

Estás interesado en practicar o galego ou o catalán nun contexto real e complementario ao das clases de lingua? Queres axudar, ao mesmo tempo, a outro a que poida aprender a túa lingua materna? Vives en Barcelona ou arredores?

Conversemo[s] é un programa de intercambios lingüísticos, desenvolvido pola ACGB en colaboración con Galego na EOI Barcelona-Drassanes.

Este programa permite poñer en contacto xente que quere facer un intercambio lingüístico en Barcelona nunha destas dúas linguas: galego ou catalán. Para participares só deberás cubrir un formulario en liña durante o mes de outubro ou novembro (cantos máis datos nos deas, máis doado nos será asignarche unha parella lingüística apropiada).

 A finais de novembro enviarémosche os datos da persoa que se che asignou como parella lingüística. Cando vos poñamos en contacto, deberedes acordar vós mesmos os encontros que queirades facer, así como o lugar e o horario máis axeitado.

Máis información en: http://acgb.cat/proxectos/conversemos/ ou escríbenos a intercambioconversemos@gmail.com.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s