Lingua, política e conflito social en Galicia

O vindeiro martes 10 de decembro ás 20h no Ateneu Roig contaremos coa presenza de Fernando Ramallo, sociolingüista e profesor da Universidade de Vigo.

A lingua é un obxecto simbólico de primeira magnitude no debate político galego mais só en contadas ocasións ese debate acadou o consenso preciso para converter a lingua nun obxecto da reflexión e da acción política que artelle a cohesión social e non meramente nun instrumento ideolóxico partidista reprodutor do conflito social. Consideramos que a política debe contribuír á construción dunha nova orde sociolingüística a partir dos notables cambios na estrutura social que aconteceron en Galicia nos últimos 30 anos. A charla consistirá nunha avaliación das estratexias deseñadas dende as políticas públicas para a xestión do conflito lingüístico en Galicia. (Fernando Ramallo)

———————————————–

El pròxim dimarts 10 de desembre a les 20h a l’Ateneu Roig comptarem amb la presència de Fernando Ramallo, sociolingüista i professor de la Universidade de Vigo.

La llengua és un objecte simbòlic de primera magnitud en el debat polític gallec però només em comptades ocasions aquest debat ha arribat a un consens necessari per convertir la llengua en un objecte de reflexió i d’acció política que articuli la cohesió social i no simplement en un instrument ideològic partidista reproductor del conflicte social. Considerem que la política ha de contribuir a la construcció d’un nou ordre sociolingüístic a partir dels notables canvis en la estructura social que han tingut lloc a Galícia els últims 30 anys. La xerrada consistirà en una avaluació de les estratègies dissenyades des de les polítiques públiques per a la gestió del conflicte lingüístic a Galícia. (Fernando Ramallo)

Unha resposta a “Lingua, política e conflito social en Galicia

  1. por que convidades a este peón do PP en Galicia? Non sabedes para quen traballa? Que vergoña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s