Nace Novidades Maruxa, un grupo de socios/as da ACGB e persoas afíns que organizan xuntanzas mensuais para facer actividades manuais creativas de diversa tipoloxía e ámbitos, desde a perspectiva do “Feito a man” (Hand Made) e “Faino ti mesmo” (DIY).
O obxectivo principal é o intercambio de saberes e coñecementos mutuos dentro dun contexto galego, fomentando a creatividade, o autoaprendizaxe e a autosuficiencia.
Máis información en https://novidadesmaruxa.wordpress.com/
O seu vindeiro encontro será o sábado 31 de maio ás 17:30h no Ateneu Roig (c/Ciutat real, 25). Unha compañeira ensinará os principios básicos da técnica de trapillo (necesario levar: trapillo e agullas de trapillo), pero tamén podes facer a túa propia manualidade. Imprescindible confimar asistencia a novidades.maruxa@gmail.com. E benvida merenda artesanal!