A Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) organiza o mércores 10 de setembro, ás 20:00 horas no Ateneu Roig (C/Ciudad Real, 25 – Metro Joanic), un coloquio aberto para abordar o papel das galegas e galegos de Catalunya diante do proceso soberanista.
No acto participarán: Anxo Baranga, artista plástico e activista cultural, con máis de 20 anos participando en toda clase de movementos cívicos galeguistas; Sabela Labraña, docente de Lingua e Lingüística na Universitat de Barcelona e fundadora de varios proxectos culturais galegos nas derradeiras tres décadas; Xosé Lombao, fundador e activista da PAH en Granollers que reside en Catalunya dende hai 30 anos; Suso Mon, director de “Galiza…algo máis”; Ana Miranda, responsábel de emigración do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Camilo Nogueira, responsábel de relacións internacionais do BNG.
Esta actividade celébrase na véspera da Diada de Catalunya na que a ACGB tamen estará presente, como vén sendo habitual, na Mostra d’Entitats que organiza Gent de la Terra no Passeig Lluis Companys.