FIA Foliada intercultural aberta
Aproveitando a visita de Aitana Eanes a Barcelona, organizamos un obradoiro de Xota Galega o domingo 21 de setembro, de 11 a 13h , no Ateneu Roig (c/Ciudad Real, 25 – Gràcia – Barcelona). Non se requeren coñecementos ou nivel.
Se estás interesada/o en participar, envía un correo a info.acgb@gmail.com e recibirás información máis detallada.