Volven os encontros de Novidades Maruxa

Coa chegada do outono volven os encontros de Novidades Maruxa, xuntanzas mensuais para facer actividades manuais creativas de diversa tipoloxía e ámbitos, desde a perspectiva do “Feito a man”. O obxectivo principal é o intercambio de saberes e coñecementos mutuos dentro dun contexto galego, fomentando a creatividade, o autoaprendizaxe e a autosuficiencia.

Novidades_maruxa_blue2

Os encontros realízanse o último sábado de cada mes, a partir das 16:30h no Ateneu Roig (c/Ciudad Real, 25 – Gràcia – Barcelona). Podedes confirmar a vosa asistencia, ou resolver as vosas dúbidas, escribindo a novidades.maruxa@gmail.com

Velaquí o programa deste primeiro trimestre, lembrade que se queredes aproveitar o espazo para facer as vosas propias manualidades, sodes benvidos!  É un espazo aberto para nós!

Sábado 27 de setembro (a partir 16:30h): Xuntanza libre para facer as vosas propias creacións, aproveitaremos para poñernos ao día do verán. Se non tedes proxecto, nós traeremos material para que poidades comezar!

imageSábado 18 outubro (a partir 16.30h): comeza o frío e imos  precisar un bo bálsamo labial de mel natural! Imprescindible confirmar asistencia en novidades.maruxa@gmail.com antes do xoves 15 de outubro, para calcular o material necesario.

 

image (1)Sábado 29 novembro (a partir 16:30h): Sempre ves nas feiras esas bolsas tan estupendas e sinxelas con algún estampado ou frase divina, tan útil  para levar os garavanzos que mercas cando saes do traballo, ou para vir ás maruxiñas e levar as agullas e a lá…  só tes que traer as teas que queiras, e nos poremos o patrón e a máquina de coser.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s