Queda moi pouco para que as coplas, os adufes e sons do acordeón enchan Barcelona da man do artista galego Xabier Díaz. Como sabedes, celebramos con el, o 2º Aniversario da ACGB.
· 24 de outubro, venres: concerto no CC Lleidatà ás 20.30 h.
· 26 de outubro, domingo: obradoiros de Pandeireta e Coplas no CC Lleidatà.
DATOS DE INTERESE:
– O mesmo día do concerto (24 de outubro) estarán á venda as entradas só en taquilla no CC Lleidatà. É dicir, este día non haberá opción de reserva por transferencia bancaria e tampouco non haberá opción de mercalas no Ateneu Roig. Ábrese a taquilla de 19.30 h a 20.20 h.
Moi importante: o concerto comezará con puntualidade (20.30 h).
Non quededes sen a vosa entrada, que quedan pouquiñas.
– Mapa do CC Lleitadà: Ronda de la Universitat núm. 1, primeiro andar.