Non podiamos deixar pasar a visita de Mofa e Befa con Quico Cadaval a Barcelona sen organizarmos unha actuación en galego do seu novo espectáculo, “Shakespeare para Ignorantes”.
Será o venres 5 de decembro, ás 20:00 h, no Espai Jove La Fontana (c/Gran de Gràcia, 190 – Barcelona)
E máis información sobre o espectáculo na súa páxina web: http://www.excentricas.net/gl/espectáculos/List/show/shakespeare-para-ignorantes-181
Nesta ligazón podes ver o teaser de presentación do espectáculo:
As entradas estan á venda no Ateneu Roig (Carrer Ciudad Real, 25 – Barcelona) de luns a venres, de 16 a 20 h, no Bar Casa Pili (c/ Joaquín Costa, 55 – Barcelona, e o mesmo día do espectáculo no Espai Jove La Fontana. O prezo é de 5 euros.
MOFA & BEFA xorde como comando de comedia contemporánea hai xa máis de dous septenios, cun espectáculo que corroeu a base dos tópicos existentes sobre o teatro deste país. O espectáculo chamábase, “Ironicamente”. Para ser exactos, lévase feitas máis de trescentas representacións e algún dos seus fragmentos están incluídos no canon teatral da dramaturxia galega. Logo virían Manifesto para un teatro perralleiro, FinisMundi Circus, Cultura para dar e tomar, Sempre ao lonxe e agora Shakespeare para Ignorantes.
O dúo é constituído por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira e teñen contado con colaboradores circunstanciais entre os que destacan o falador Quico Cadaval e o músico Piti Sanz.
Non deixes pasar a oportunidade de velos!!