¡GARDA OS CARTOS! Con Oswaldo Digón e Alberte Montes
¡Garda os cartos! é un espectáculo teatral íntimo. Trátase da escusa que Oswaldo e Alberte atoparon para poder verse e conversar como dous bos colegas (de profesión) que son. Falarán do humor, da retranca galega, da vida, do color que lle da o pulpo ás patacas e de moitas outras cousas máis. ¿Cales? Nin eles mesmos o saben. Xa o di o dito: “O que improvisa non é traidor”.
¡Garda os cartos! é en definitiva un rato de charla, de contos, de chistes, de improvisación, pero sobre todo é un anaco de risa e complicidade.
ACGB e o Ateneu Roig convídavos a disfrutar de ¡Garda os cartos! unha actividade enmarcada dentro das Històries del Cercle Roig e Tertulias en 3D. É por iso que tódolos socios da ACGB que veñan beneficiaranse de descontos para o espectáculo de Oswaldo, Diálogos en 3D, que representa no Teatre Goya.
¿Cando? O sábado 24.
¿A qué hora? Ás 19:30h.
¿Onde? No Ateneu Roig (Rúa Ciutat Reial 25, Gràcia)
¿Canto custa? É de balde, ¡ho!
Oswaldo Digón é un recoñecido actor, cómico e guionista con ampla experiencia en TV, radio e teatro. É neste último eido no que máis destaca, tendo actuado en escenarios de toda a península. O seu show máis recente é Diálogos en 3D co que leva máis de dous ano en cartel en cidades como Barcelona, Madrid ou Valencia.
Alberte Montes, actor e cómico galego-catalán. Ten colaborado en programas de TV como Tourilandia (TVG) ou En el aire (LaSexta). Ten experiencia tamén en cinema e radio. Leva no teatro dende os 14 anos e dende hai oito exerce como profesional do monólogo, xirando por salas de toda España.