Obradoiro con Carme Campo na Foliada da Euskal Etxea

 

huellas

Como xa sabedes, o sábado 31 de xaneiro  temos foliada no centro cultural Euskal Etxea coa música da FÍA, obradoiros de muiñeira e un serán aberto.

Carme Campo será a profesora do obradoiro de baile. Aquí vos deixamos unha pequena presentación:

Carme Campo (O Porriño, 1982) ten unha longa traxectoria de defensa e promoción da cultura galega, non só polo seu labor no seo da asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel senón tamén polo seu traballo diario no Museo do Pobo Galego onde é técnica no departamento de educación e acción cultural. Organizou entre outras cousas xornadas de baile como A voltas co baile, cursos ou visitas centradas na nosa tradición musical e dancística. Na Gentalha do Pichel, asociación compostelá que destaca polo seu incesante labor de recuperación cultural e lingüística na comarca de Compostela, traballa como profesora de baile e música tradicionais e pertenceu á comisión de cultura.

Para que coñezades mellor o traballo da Carme Campo, aquí partillamos un artigo seu sobre xénero e baile, publicado no diario dixital Sermos Galiza Que género de baile queremos?

Sobre a súa experiencia co baile tradicional, podemos dicir que se puxo en contacto con el con apenas 3 aniños por prescrición médica, pois segundo o seu doutor de cabeceira “era a mellor actividade para nivelar as súas cadeiras…” Xa en Compostela, participou nas recollidas do grupo de música tradicional Brincadeira onde tivo a sorte de aprender e observar a tradición do baile directamente dos máis vellos. Na actualidade, ensina e aprende nas foliadas, en cursos específicos de baile na Gentalha do Pichel o no Museo do Pobo Galego.


Com ja sabeu, el dissabte 31 de gener tenim foliada al centre cultural Euskal Etxea amb música de la FíA, tallers de muiñeira i  jornades obertes de música tradicional.

Carme Campo serà la professora del taller de ball. Aquí us deixem una petita presentació:

Carme Campo (O Porriño, 1982) té una llarga trajectòria de defensa i promoció de la cultura gallega, no només per la seva comesa en el si de l’associació cultural compostel.lana A Gentalha do Pichel, sinó també pel seu treball diari amb el Museu del Pobo Galego, on és tècnica en el departament d’educació i acció cultural. Va organitzar entre unes altres coses, jornades de ball com A voltas co baile, cursos o visites centrades en la  tradició musical i de dansa de Galicia. A la Gentalha do Pichel, associació compostel·lana que destaca per la seva incessant comesa de recuperació cultural i lingüística a la comarca de Compostel·la, treballa com a professora de ball i música tradicionals i va pertànyer a la comissió de cultura.

Perquè conegueu millor el treball de la Carme Campo, aquí compartim un article seu sobre gènere i ball, publicat en el diari digital Sermos Galiza: “Que género de baile queremos?”

Sobre la seva experiència amb el ball tradicional, podem dir que es va possar en contacte amb prou feines amb 3 anys per prescripció mèdica, segons el seu doctor de capçalera “era la millor activitat per anivellar els seus malucs…” Ja a Compostel·la, va participar en les recollides del grup de música tradicional Brincadeira, on va tenir la sort d’aprendre i observar la tradició del ball directament dels més vells. Acualment, ensenya i aprèn a les foliadas i als cursos específics de ball de la Gentalha do Pichel i del Museu del Pobo Galego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s