O sábado, 31 de xaneiro de 2015 temos foliada no centro cultural Euskal Etxea (Placeta Montcada 1-3, entrada por Arc de Sant Vicenç, Born). Comezamos con forza este novo ano!
A nosa Galiza na Euskal Etxea prográmase neste xeito:
· 13:00 Vermú musical. Bailaremos e cantaremos coa música da FÍA (Foliada Intercultural Aberta).
Despois do xantar, haberá un obradoiro de muiñeira con Carme Campo (activista cultural e profesora de baile na Gentalha do Pichel).
Horarios:
· 16:30-18:00 nivel inicial
· 18:30-20:00 nivel intermedio
Se estás interesada/o, podes inscribirte enviando un correo electrónico a: aulas.acgb@gmail.com Lembrade que hai prazas limitadas. Prezo: 8 € (soci@s da ACGB/Euskal Etxea) e 10 € xeral.
· 20:00 Serán tradicional, para rematar a noite. Haberá escenario aberto. Se queres participar, tes que inscribirte mandando un correo: aulas.acgb@gmail.com Agardámoste!