Xa temos data para o vindeiro obradoiro: sábado 21 de febreiro ás 17 horas (novamente adiantamos data por temas de organización).
Desta vez teremos a sorte de facer un obradoiro de aneis de aluminio. Se queredes participar tedes que mandar un correo a novidades.maruxa@gmail.com antes do xoves 19 para que poidamos ter preparado o aluminio necesario.
O material ten un custo de 2€ por persoa, aproximadamente. Ademais, se tedes algún destes materiais na casa tamén os podedes traer. Se non temos suficientes, non adiantaremos como nos gustaría.
Impartirao Inma Valcarce.
– Metro.
– Alicate de corte.
– Alicate chan e/ou alicate redondo
– Desaparafusador de calibre pequeno.
– Para facer de mandril do anel calquera obxecto redondo tipo barra de beizos, bolígrafo groso.