Este domingo 8 de marzo, achegádevos a celebrar o Día da Muller coa ACGB. Será no Ateneu Roig (c/Ciudad Real, 25) a partir das 11 horas.
De 11 a 12:30 horas conversaremos coa investigadora Andrea Ruthven, integrante do colectivo galego A Sega e investigadora no ámbito da literatura.
Ás 12:30 horas faremos unha homenaxe a Begoña Caamaño
Agardámosvos!