21 de marzo: cacto de tea con Novidades Maruxa

cactos

O vindeiro sábado 21 de marzo, ás 16,30h no Ateneu Roig, nova xuntanza de Novidades Maruxa. Desta volta faremos un obradoiro dun cacto de tea, ideal para darlle un toque de cor ao voso fogar!

O material que precisades é:

– Retallos de tea (do voso gusto, o tamaño dependerá do grande que queirades o cacto, uns 26 cm de alto está ben, tede en conta que precisades dobre de tea para facer os dous lados)

– Testos pequenos de 8-10 cm de alto e 8 cm de diámetro (se nos enviades un mail podemos encargarnos de mercar o voso testo).

– Guata ou vélaro para encher o cacto (non vos preocupedes se non atopades, levaremos nós).

– Pedriñas (se queredes que as merquemos nós, enviade un mail)

– Fío, agulla, tesoiras e adorno (para poñer enriba do cacto).

Animádevos a participar e pasaredes unha boa tarde!

Lembrade que tamén podedes vir a facer a vosa labor.

Para reservar praza (até o xoves) ou aclarar algunha dúbida: novidades.maruxa@gmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s