A primavera na LudoteGa!

Cartaz_ludotega_abril

O 19 de abril, domingo, no parque da Ciudadella será a próxima data da LudoteGa. Normalmente estamos no lateral ao carón do “Museu de Geologia” e “l’hivernacle”. A hora será as 11.30. Lembrade que despois das actividades os que queiredes poderes quedarvos a xantar.

As actividades serán:

– Facer un correvelás.

– Repaso de Bits de verbas galegas e ditos da xoaniña. 

– Levaremos o quebratestas das bisbarras galegas. Armarémolo entre todas/os, e non é doado de todo, temos abondo. Así que ide facendo memoria da vosa e das lindantes.
Se queredes practicar velaquí un xogo interactivo:
_ http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicom1ga.html
_ http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galicom3gab.html

Sería xenial que cada quen dixera unha palabra da súa zona; un modismo, ou sinxelamente unha palabra que lle leve alá. (A Ramón, por exemplo, que é da Terra de Lemos, transpono a palabra “larafuzas”, omnipresente na súa casa cada mañá despois de almorzar).

Tentaremos fotografar a cada familia con cadansúa bisbarra.
Así encetamos aquilo de ternos a todos fotografados e cos nomes.
Vide guapiñas/os, ou non…

E, coma sempre, remataremos coas cancións da LudoteGa, desta volta propoñemos unha nova “Estróupele-estroupele” (que enviamos adxunta para que practiquedes na casa) e convidamos aos pais e nais que teñades pandeiretas ou outros intrumentos que os traiades para tocar mentras cantamos. Levaremos letras desta canción para que todo o mundo participe!

Unha resposta a “A primavera na LudoteGa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s