A Esmorga é a 5ª longametraxe do director Ignacio Vilar que, tras Pradolongo e Vilamor, leva á gran pantalla esta novela de Eduardo Blanco Amor.
Crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de troula que van deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, e tamén pechando portas tras tirar as chaves, coma se de xeito deliberado buscarán a perdición.
“No Palexco da Coruña celebrouse na noite do sábado 11 de abril a gala dos Premios Mestre Mateo que recoñecen as mellores producións audiovisuais de Galicia. A Esmorga foi a máis galardoada da noite, concretamente con seis premios, concretamente para o o actor Antonio Durán ‘Morris’, (que conseguiu dous premios a mellor actor de reparto, polo Códice, e mellor protagonista por A Esmorga), mellor maquillaxe, música orixinal (para Zeltia Montes), vestiario (a Mar Fraga), dirección de fotografía (a Diego Romero Suárez-Llanos) e dirección de arte (a Ángel Amaro).”, según a Editorial Galaxia.
PROXECCIÓNS:
Preestrea o 5 de maio! Pase e coloquio con Ignacio Vilar e os actores nos Cinemes Girona en Barcelona (C. Girona 175)
O 8 de maio farase a proxección neses cinemas de Barcelona:
– Gran Vía (Hospitalet de L’H)
– Cinema Girona, C. Girona 175 (en galego)