“Adiante Catalunya! Galiza pola independencia”. Baixo este lema a Assemblea Nacional Catalana (ANC), o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Súmate organizan un acto de balde e aberto ao público o vindeiro 10 de setembro na barcelonesa plaça de Sóller de Nou Barris.
No acto intervirán:
> Antonio Baños (CUP)
> Bieito Lobeira (BNG)
> Camilo F. Valdehorras (Foro Cívico Galego de BCN)
> Eduardo Reyes (Súmate)
> Isabel Vallet (CUP)
> Liz Castro (ANC)
> El Padre Manel
> Rafael Delgado (Proceso-Los Propios)
> Raül Romeva (Juntos el Sí)
> Xavier Vence (BNG)
O espazo completarase con postos sobre cultura galega e haberá a posibilidade de degustar o polbo “á feira” do restaurante Arume do Raval -quen co seu polbo gañou o premio á mellor tapa de Catalunya no 2014- e bebidas tradicionais galegas. A tarde estará amenizada con rock bravú a partires das 17 h con DJ Nacho – O jarbanzo negro e, ao serán, entre as intervencións, haberá a música comprometida de Jei Noguerol, Mini e Mero e Sés. Ademais, o artista plástico galego afincado en Barcelona, Anxo Baranga e Jaume Muelas, realizarán en vivo o mural “En construción”. O acontecemento pecharase co himno galego e Els segadors, interpretados con gaita coa voz galega de Loaira. O acto será presentado por Suso Mon, presidente de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGAC).