Xurxo Souto en Barcelona

xurxosouto

Xurxo Souto visítanos para falar da música, do mar, da literatura e da radio.

· Océano para terrícolas, performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do Mar de Irlanda.
Lugar: Centre Cívic Pati Llimona (Carrer del Regomir 3, Barcelona)
Día e hora: mércores 14 de outubro ás 19:30h.
Custe: de balde.

Descripción:
Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén –na escola, nos medios de comunicación, nos eventos públicos- lle tiña falado do mar. Descubriu tamén que esta ausencia de océano era común á inmensa maioría das súas veciñas e veciños. Decidiu pois facer algo elemental: Preguntar sobre o mar ás persoas máis próximas. Axiña apareceron por todos os curruchos mariñeiros, mariscadoras e vellos patróns, que lle foron amosando un universo –sustento económico da nosa propia realidade absolutamente descoñecido para o terrícola.

Desta iniciación naceu un libro, “Contos do Mar de Irlanda”. E tamén “Océano para terrícolas”. Un espectáculo radicalmente interactivo, porque nel os asistentes descobren e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.

Até o momento ten realizado unhas sesenta representacións por diferentes lugares do país, dende a ribeira á montaña, e mesmo tamén en xeografías distantes como Lisboa ou Bruxelas.

Medre o Mar!

 

· Ademais, coma adianto na cidade, o mesmo 14 de outubro ao mediodía o propio Souto estará en Cadena SER Catalunya no programa Especies Protegides.

 

· Por último e dous días máis tarde, o venres 16 de outubro, na Universitat de Barcelona (UB) nun acto aberto, Xurxo Souto conversa canda Eva García e Xaquín López:

Dúas décadas de música, literatura e radio.
Lugar: Sala del Professorat. Edifici Josep Carner. Carrer d’Aribau 2, 5è pis de Barcelona.
Día e hora: venres 16 de outubro, de 12:30h. a 14:00h.
Acto aberto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s