Temos a oportunidade de que se proxecte en Barcelona a película ENCALLADOS (www.encallados.com) do galego Alfonso Zarauza, o xoves 22 de outubro. É a historia sobre a imposibilidade de facer unha película sobre o Prestige.
Será posible no caso de acadar un mínimo de 100 persoas que confirmen a súa entrada a través da Plataforma Screenly, na seguinte ligazón:
https://screen.ly/evento/25/encallados-aribau-club/
A proxección será en galego (VOSE) e contará coa asistencia do director e os actores. Difundimos para chegar a 100?