3º aniversario da ACGB: sábado, 28 de novembro na Euskal Etxea!

Cartell_ACGB_gal

Este ano imos celebrar o 3º aniversario da ACGB no centro cultural Euskal Etxea (Arc de Sant Vicenç, Born). Será o sábado, 28 de novembro, ás 19.30 horas. A entrada custará 5 € .

Venda de entradas: o mesmo sábado 28-N, na Euskal Etxea, a partir das 13 ata as 19.20 horas!!! 

Comezaremos co grupo O Val das Mouras. Esta formación celta-folk basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no libro Follas Novas. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi lonxe, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron a muller galega, o emigrante, o mariñeiro e o aldeán e nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto. (www.ovaldasmouras.com)

Despois, visitarannos as músicas de Maruja Limão. A súa sonoridade foi posíbel por unha simbiose entre as culturas ibéricas grazas á cultura do mar: voces do Atlántico, do Cantábrico e de todo o Mediterráneo. É música para ser sentida e espremida. Os temas, a nova composición e as adaptacións da música tradicional e popular comparten esta mesma estética tradicional, transgredida, tanto na vertente literaria, como no musical. Maruja Limão é unha muller que cheira a terra e a mar.   (www.marujalimao.wordpress.com)

Para rematar a noite, bailaremos ao son de Niamh Trio. É una nova formación de Barcelona, xorde nos inicios do 2014. Busca un son persoal para as melodías tradicionais procedentes de Galiza, Francia e Irlanda. Dispón dun repertorio enfocado cara ao baile tradicional, como cara a calquera acontecemento festivo, grazas a que combina as melodías tradicionais con dinámicas máis actuais. (niamh-trio.blogspot.com.es)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s