O vindeiro 2 de abril temos unha cita no Euskal Etxea de Barcelona! Algo tardabamos, non?
Ás 18:00 horas achégate ao encontro cos Amics del Moviment Quart Món Catalunya. Presentaranos o seu proxecto. A súa tarefa acompañar as familias de orixe galaicoportugués en situación de exclusión dos barrios da Pau, en Badalona, e do Poblenou, en Barcelona, pasar un intre con elas e escoitalas, xogar cos máis pequenos, coñecer as súas necesidades máis básicas.
Inicialmente, os voluntarios e voluntarias puxeron en marcha unha biblioteca de rúa que pretendía achegar a lectura aos nenos e nenas destas familias. Co tempo, e tendo en conta as necesidades e demandas das familias, empezaron a xurdir outras actividades de lecer, reforzo escolar e deporte para os nenos e nenas. Máis info:
http://movimentquartmon.blogspot.com.es
A partir das 19:30h e para rematar o día, temos Foliada coa FIA! agardámosvos para botar unhas cantigas e uns bailes!
Non o perdades!!!