Este sábado 2 de xuño estamos de festa en Cardedeu! A FIA (Foliada Intercultural Aberta) e a Asociación Cardanses organizan a grande foliada do verán!
· As 17.30 horas comezamos cun obradoiro de muiñeiras cun custe de 5 € (inscrición previa a cardansescardedeu@gmail.com)
· A partir das 20.30 temos foliada. Haberá empanadas (2 euros), bolos preñados (1 euros), licor café e auga. Para os músicos xantar de balde.
· Aproximadamente sobre as 22 horas haberá queimada.
Nada mellor para superar o estrés post-eleitoral que unha boa foliada para espantar malos espíritus! Achegádevos!!