O 4º Aniversario da ACGB achégase!!!! Será o sábado, 19 de novembro no espazo RAI.
A partir das 18:30, haberá un taller de baile co grupo Bluegard, música en directo. O taller estará dirixido por Joan Codina. A continuación, ás 21 horas, visítanos dende Vigo, Begoña Riobó & Xosé Liz, Javier Feijoo “Xisco”, como artista invitado. Un auténtico pracer!
Pero non é todo, dende a mañá haberá unha chea de talleres. Presentámosvos o cartaz e a información dos obradoiros de Baile tradicional e Canto & Pandeireta (a partir de nivel medio) que estará impartido por Javier Feijoo “Xisco”.
PREZOS:
· Se es soci@ ACGB: 15 € por taller / 25 € por dous talleres
· Xeral: 20 € por taller / 35 @ por dous talleres.
· 5 €: Baile Folk (19.30 h) + Concerto Riobó-Liz-Feijoo (21.00 h)
https://acgb.gal/2016/10/02/19-de-novembro-celebracion-do-4o-aniversario-acgb/
· + 4 € carné RAI (se non es soci@ do RAI).
INSCRICIÓNS:
aulas.acgb@gmail.com, data límite: 8 de novembro (prazas limitadas).
Indica que talleres queres inscribirte, darémosche as instrucións para o pago, e máis información necesaria.
ONDE SERÁ:
No espazo RAI, C. Carders 12, pral. (Born) L4 Jaume I
Pingback: IV Aniversario de l'Asemblea Cultural Gallega de Barcelona - dissabte 19 novembre des de 10h30 - Entrada 5€+4€ Carnet RAI - RAI - Recursos d'Animació Intercultural