Comeza a sección de Cine na ACGB e máis a tempada de Trankifias o vindeiro sábado 28 ás 17:30 no Ateneu Roig (Carrer del Torrent d’En Vidalet, 34, Barcelona) coa proxección de Vikingland, foliada, contos e moito máis.
Este documental experimental, dirixido por Xurxo Chirro, trata sobre a emigración galega facendo unha transposición de ‘Moby Dick’ a través das filmacións dun emigrante galego que traballaba na mariña mercante.
Despois, teremos un debate coa presenza virtual do director de Vikingland e de Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual , quen nos porá o día sobre a actualidade do audiovisual galego.
Ás 19:30 comeza a primeira Trankifia do 2017, unha foliada aberta adicada os instrumentos galegos máis alá das gaitas, aderezada cos contos curtos de Carlos Casares a cargo de Furafollas; a partir do mes de febreiro, as Trankifias serán o derradeiro venres de cada mes as 20:30 no mesmo espazo.
Opa iiii!!!!!!!!