L’ACGB vol manifestar el seu suport al dret a decidir i a la llibertat d’expressió del poble de Catalunya.
En vésperas do un de outubro, día de celebración do referendo en Catalunya, a Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB), proxecto formado por persoas e colectivos vencellados ás identidades galega e catalá, queremos manifestar o noso apoio ao dereito da cidadanía de Catalunya a decidir o seu futuro.
Dende a ACGB, proxecto asembleario que aglutina diversas e diferentes sensibilidades políticas, consideramos que o exercicio da liberdade de expresión e do dereito ao voto para decidir o futuro dun pobo é un dereito básico e unha expresión natural dentro dun sistema democrático.
A ACGB, reafirma así o seu compromiso coa realidade social existente en Catalunya, da que nós somos parte, e insta á sociedade no seu conxunto a participar neste exercicio democrático.
ACGB – http://www.acgb.gal – http://www.facebook.com/ACGBcn – @ACGBcn