Obradoiro de baile tradicional galego no 6º Aniversario da ACGB

O 6.º Aniversario da ACGB achégase! Será o sábado 10 de novembro na Plaça d’en Joanic.

O obradoiro de baile tradicional galego trasladarase ao Ateneu Roig (C. Torrent d’en Vidalet, 34 · Vila de Gràcia) para que poidamos bailar máis comodamente. Imparte Carme Campo.

A faceta como bailadora de Carme comeza a compaxinarse coa docencia do baile e a danza tradicionais no ano 2004 na asociación cultural compostelá A Gentalha do Pichel. Na actualidade continúa como profesora nesta asociación e imparte clases tamén en asociacións veciñais (A. VV. As Marías) ou en escolas como A Semente. Continúa formándose na master-class impartidas por grandes profesionais e o seu labor docente compleméntase co seu traballo diario pois forma parte do persoal do Museo do Pobo Galego, concretamente na área da educación. Viaxou a diferentes lugares da península ibérica e tamén fóra dela para impartir master-class de baile. Ademais do interese pola continua aprendizaxe da práctica e técnica do baile, desenvolve cada vez máis a súa faceta investigadora e xunto coas xornadas teóricas sobre baile. É coautora da guía ”Activando a memoria”, do Museo do pobo Galego, que usa recursos do folclore como o baile para estimular a memoria das persoas con demencia. Alén disto, forma parte, xunto coa tamén bailadora Chus Caramés, do proxecto “Andar cos tempos”, onde a través dunha exposición, unha charla e un obradoiro, revisa a cultura tradicional do baile e da música cunha perspectiva de xénero.

O obradoiro é para persoas con nivel medio a alto.

HORARIOS:

Das 12.00 da mañá até as 13.30 horas

PREZOS:

  • Soci@ ACGB: 10 €

  • Xeral: 15 €

INSCRICIÓNS:

Escribe a aulas.acgb@gmail.com e darémosche as instrucións para realizares o pagamento e outra información necesaria. Data límite de inscrición: 8 de novembro (prazas limitadas).

_______

El 6è Aniversari de l’ACGB s’apropa! Serà el dissabte 10 de novembre a la plaça d’en Joanic. El taller de ball tradicional gallec serà a l’Ateneu Roig (C. Torrent d’en Vidalet, 34 – Vila de Gràcia), perquè puguem ballar més còmodament.

L’imparteix Carme Campo. Va començar a compaginar la seva faceta de ballarina amb la docència de ball i de dansa tradicional l’any 2004 a l’associació cultural compostel·lana A gentalha do Pichel. En l’actualitat continua com a professora en aquesta associació i impartint classes també en associacions veïnals (AV As Marías) o en escoles com A Semente. Continua formant-se en les master class impartides per grans professionals i complementa la seva labor docent amb el seu treball diari, ja que forma part del personal del Museo do Pobo Galego, concretament a l’àrea d’educació. Ha viatjat a diferents llocs de la península Ibèrica i també fora d’ella per impartir master class de ball. A més de l’interès pel continu aprenentatge de la pràctica i tècnica de ball, desenvolupa cada vegada més la seva faceta d’investigadora, juntament amb les jornades teòriques sobre ball organitzades al MPG des del 2012, on ha comissariat exposicions sobre ball, dansa i societat gallega. És coautora de la guia “Activando a memoria” des del Museo do Pobo Galego, una guia que usa recursos del folklore com el ball per estimular la memòria de les persones amb demència. Forma part del projecte creat i desenvolupat juntament amb Chus Caramés “Andar cos tempos”, on a través d’una exposició, una xerrada i un taller, revisen la cultura tradicional del ball i de la música amb perspectiva de gènere.

El taller és a partir del nivell mitjà.

HORARIS: de les 12.00 fins a 13.30 hores

PREUS:

Socis i sòcies de l’ACGB: 10 €

General: 15 €

INSCRIPCIONS: Escriu a aulas.acgb@gmail.com i et donarem les instruccions per realitzar el pagament i la resta d’informació necessària.

Data límit d’inscripció: 8 de novembre (places limitades)

2 respostas a “Obradoiro de baile tradicional galego no 6º Aniversario da ACGB

  1. Pingback: 6º Aniversario ACGB: 10 de novembro en Plaça Joanic | ACGB

  2. Pingback: 7º Aniversario da ACGB | ACGB

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s