O vindeiro sábado 23 de febreiro ás 14:30 h no Ateneu Roig. Estaría ben chegar un chisco antes para coller sitio.
O prezo do xantar é de 12€ para socixs e 15€ para non socixs. 7€ para as crianzas!
Para facerse socix ou renovar a cota de 2019, preme aquí.
O menú inclúe:Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.
Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig e no Ego Galego a partir do xoves 7 de febreiro ata o día 20. Hai aforo limitado!!
**IMPORTANTE: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.
Despois do cocido haberá foliada a cargo da Fía!