Aula maxistral de baile e percusión con Antonio Prado

As aulas da ACGB organizan unha aula maxistral de percusión e baile tradicional o 11 de xaneiro de 2020 no Ateneu Roig a cargo de Antonio Prado.

Se estás interesada, podes mandar un correo a aulas.acgb@gmail.com e recibirás información para o pago.

Percusión/pandeireta: Coñeceremos distintos instrumentos partindo dos patróns básicos da música tradicional galega, xogaremos con eles para ter nocións básicas da súa técnica e con isto montaremos unha peza tradicional combinando ritmos e sonoridades.

Baile: cos movementos máis significativos do baile tradicional aprenderemos técnicas para poder combinalos dun xeito que nos permita improvisar con maior facilidade, creando multitude de puntos e situando variantes xeográficas dos mesmos.

Antonio Prado é bailador e percusionista. Nado na Coruña, leva dende os 4 anos introducido no folclore tradicional galego.

Forma parte do grupo de baile Donaire é compoñente de Xosé Lois Romero & Aliboria, con quen sacará novo disco en 2020. Actualmente é profesor de baile na Asociación Cultural Donaire, Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Mesía e outras escolas da Coruña, actividades que compaxina coa aprendizaxe de luthería de corda clásica.

Gañador de diversos premios coma o Martín Códax da Música Galega 2018 na categoría folk con Aliboria ou concursos de baile e música en distintas modalidades: Azaloira, Xacarandaina, Malveiras, O Grove, Tequexetéldere, Padrón, Sta. María de Torás…

Toca habitualmente con Os Viqueiras de Ordes. Asistíu a dúcias de cursos con grandes referencias de baile e música, e ten colaborado ou gravado con artistas como Kepa Junkera, Berrogüetto, Samarúas, Fernando Barroso ou Moura.

Horarios:

16:00 a 18:00 Percusión / Pandeireta
• 18:30 a 20:30 Baile
• 20:30 Foliada aberta

Prezos

Socio:
Unha especialidade 15€ / dúas 20€

Xeral:
Unha especialidade 25€ / dúas 30€

Esperámosvos!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s