
O 21 de novembro, no Ateneu Roig, proxección do documental
Dorothé na vila.
Un filme de Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Unha viaxe tras as voces do cancioneiro para os vermús da ACGB.
Prezo: Billeteira inversa.
O 21 de novembro, no Ateneu Roig, proxección do documental
Un filme de Alejandro Gándara e Olaia Tubío. Unha viaxe tras as voces do cancioneiro para os vermús da ACGB.
Prezo: Billeteira inversa.
Publicado en actividades, cultura, música, Novas
O día 5 de xuño, ás 12:30, farase unha homenaxe presencial a Lois Pereiro, replicada o mesmo día e á mesma hora en diversos puntos de Galiza (e máis alá). Será un acto expansivo de conmemoración do 25 aniversario do pasamento de Lois Pereiro, promovido dende o Ateneo Casino de Monforte.
Desde a ACGB, como punto de encontro da Galiza exterior, convidámosvos a participar na homenaxe lendo algúns textos de Lois Pereiro. Ramón Casanova e Anxo Baranga serán os encargados de coordinar as lecturas. Calquera interesada pode ler os textos.
Este acto terá lugar no Ateneu Roig antes do concerto de Caamaño & Ameixeiras que está programado ás 13 horas do mesmo día e do que tedes información nesta mesma páxina, un chisco máis abaixo.
Publicado en actividades, cultura, Novas
Etiquetado Ateneu Roig,Casino Monforte,Lois Pereiro
O 5 de xuño, ás 13 horas, no Ateneu Roig, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras presentarán o seu disco “Aire!” dentro da programación dos “Vermús da ACGB“.
“Aire!” é o berro das foliadas, desa catarse colectiva. De momento, a causa do Covid, non podemos facer estas fías como se merecen, pero como ouvintes desfrutaremos moitísimo.
Caamaño no acordeón cromático e Ameixeiras no violín, serán as protagonistas do noso vermú, cun repertorio que respira Galiza por mar, terra e aire!!!
IMPORTANTE: para reservas, escribide a comisionactividadesacgb@gmail.com O aforo é limitado.
APORTACIÓN: 7€
O cartaz é un deseño de Miriam Dida (moitísimas grazas <3).
Publicado en actividades, Novas
Etiquetado Antía Ameixeiras,foliada,Miriam Dida,Sabela Caamaño,vermú
A ACGB celebra o día das letras galegas o 15 de maio na Plaça Joanic de Barcelona.
Este ano está dedicado á creadora, poeta, editora, tradutora e mestra, Xela Arias.
Teremos dúas horas de charlas, contos, maios e música, para celebrar as nosas Letras.
Podedes ver a programación no cartaz:
Publicado en actividades, Novas
Etiquetado Día das letras,Furafollas,Letras Galegas,Maios,Xela Arias
Ola, ludotegueir@s!
Queríamosvos contar que este ano tamén imos ter visita do Apalpador, pero virtual. O Apalpador está preparando todo para facer unha conexión utilizando meet o sábado 12 ás 18h.
Imos ter moitas sorpresas e, sobretodo, ímonos desexar un bo 2021. Pero, coma sempre, precisamos que mandedes un correo confirmando asistencia a ludotega@gmail.com
O 8 de outubro arrincan as aulas da ACGB!
Faremos clases os xoves no Ateneu Roig, intercalando pandeireta e baile. Os horarios para entrambas modalidades serán:
Este ano, para cumprir coas medidas de seguridade, teremos un aforo máis limitado, polo que se vos queredes anotar, é MOI IMPORTANTE que enviedes o mail a aulas.acgb@gmail.com co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade/s queredes asistir e en que nivel.
Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.
As prazas iranse cubrindo por orde estricta de recepción dos emails, así que non vos despistedes!
Animádevos!!!
O cocido anual da ACGB xa forma parte da tradición e está instaurado nas nosas retinas, no noso corazón e no noso bandullo.
Este ano será o sábado 7 de marzo ás 14.00 h no Ateneu Roig.
Recoméndase chegar un chisco antes para coller sitio.
O prezo do xantar é de:
* Para facerse socix ou renovar a cota de 2020, aquí tedes a información: http://www.acgb.gal/asociate
O menú inclúe: Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.
Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig (se hai persoal da ACGB) e no Ego Galego (sempre).
Hai aforo limitado!!
AVISO: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.
Despois do cocido haberá foliada con sabor de Lk.
Non hai escusa para non vir!!
As aulas da ACGB organizan unha aula maxistral de percusión e baile tradicional o 11 de xaneiro de 2020 no Ateneu Roig a cargo de Antonio Prado.
Se estás interesada, podes mandar un correo a aulas.acgb@gmail.com e recibirás información para o pago.
• Percusión/pandeireta: Coñeceremos distintos instrumentos partindo dos patróns básicos da música tradicional galega, xogaremos con eles para ter nocións básicas da súa técnica e con isto montaremos unha peza tradicional combinando ritmos e sonoridades.
• Baile: cos movementos máis significativos do baile tradicional aprenderemos técnicas para poder combinalos dun xeito que nos permita improvisar con maior facilidade, creando multitude de puntos e situando variantes xeográficas dos mesmos.
Antonio Prado é bailador e percusionista. Nado na Coruña, leva dende os 4 anos introducido no folclore tradicional galego.
Forma parte do grupo de baile Donaire é compoñente de Xosé Lois Romero & Aliboria, con quen sacará novo disco en 2020. Actualmente é profesor de baile na Asociación Cultural Donaire, Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Mesía e outras escolas da Coruña, actividades que compaxina coa aprendizaxe de luthería de corda clásica.
Gañador de diversos premios coma o Martín Códax da Música Galega 2018 na categoría folk con Aliboria ou concursos de baile e música en distintas modalidades: Azaloira, Xacarandaina, Malveiras, O Grove, Tequexetéldere, Padrón, Sta. María de Torás…
Toca habitualmente con Os Viqueiras de Ordes. Asistíu a dúcias de cursos con grandes referencias de baile e música, e ten colaborado ou gravado con artistas como Kepa Junkera, Berrogüetto, Samarúas, Fernando Barroso ou Moura.
Horarios:
• 16:00 a 18:00 Percusión / Pandeireta
• 18:30 a 20:30 Baile
• 20:30 Foliada aberta
Prezos
• Socio:
Unha especialidade 15€ / dúas 20€
• Xeral:
Unha especialidade 25€ / dúas 30€
Esperámosvos!!!!!
Publicado en Novas
Hai un mes da última foliada da ACGB e parece que o corpo está a pedir outra!
Será este xoves, día 19 de decembro no Ateneu Roig 🌟
Haberá música, baile e comida rica e brindaremos porque cada ano que pasa, pasámolo cada vez mellor.
Traede instrumentos, ganas de festa e sen hora de voltar a casa!
Esperámosvos!
Publicado en actividades, galego, música