Arquivo por autores: acgbcn

Apalpador virtual

Ola, ludotegueir@s!

Queríamosvos contar que este ano tamén imos ter visita do Apalpador, pero virtual. O Apalpador está preparando todo para facer unha conexión utilizando meet o sábado 12 ás 18h.

Imos ter moitas sorpresas e, sobretodo, ímonos desexar un bo 2021. Pero, coma sempre, precisamos que mandedes un correo confirmando asistencia a ludotega@gmail.com

Foliadeirxs, estamos de volta!!!

O 8 de outubro arrincan as aulas da ACGB!

Faremos clases os xoves no Ateneu Roig, intercalando pandeireta e baile. Os horarios para entrambas modalidades serán:

  • Iniciación de 19:30 a 20:30h.
  • Avanzado de 20:30 a 21:30h.

Este ano, para cumprir coas medidas de seguridade, teremos un aforo máis limitado, polo que se vos queredes anotar, é MOI IMPORTANTE que enviedes o mail a aulas.acgb@gmail.com co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade/s queredes asistir e en que nivel.

Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.

As prazas iranse cubrindo por orde estricta de recepción dos emails, así que non vos despistedes!

Animádevos!!!

Volve o entroido a Cardedeu

Entroido

Ola Ludoteguer@s! Volve o Entroido a Cardedeu!
  • Ás 11h comezarán as actividades para as crianzas, voltaremos facer un volante imitando o Entroido Ribeirao.
  • Ás 12.30h sairán as Máscaras cos seus axudantes, presentadas por Paola Beiro.
  • Ás 13.00h Farrapada limpa, traede roupa de recambio por se acabades mollados.
  • Ás 13.30h comezaremos a xantar. Cada quen trae o que quere, convídamosvos a traer sobremesas de entroido para partillar. Se non queredes cociñar, Sergi (de Casa Aturuxo, Sabadell ) ofrécese a traer baixo encargo empanadas, embutidos, pan e sobremesas!
Despois de xantar haberá foliada e dj Nacho O’Jarvanzo. A festa está asegurada!
Lembrade que podedes vir disfrazad@s!!!
Aquel día teremos a venda o libro-cd  “O Colo das Palabras”, poemas de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas e interpretado por varios músic@s galeg@s. Os cartos recadados irán para as Escolas de Ensino en Galego Semente.

 

Cocido 2020

Cocido ACGB 2020

O cocido anual da ACGB xa forma parte da tradición e está instaurado nas nosas retinas, no noso corazón e no noso bandullo.

Este ano será o sábado 7 de marzo ás 14.00 h no Ateneu Roig.

Recoméndase chegar un chisco antes para coller sitio.

O prezo do xantar é de:

  • 13€ para socixs*
  • 16€ para non socixs
  • 7€ para as crianzas.

* Para facerse socix ou renovar a cota de 2020, aquí tedes a información: http://www.acgb.gal/asociate

O menú inclúe: Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.

Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig (se hai persoal da ACGB) e no Ego Galego (sempre).

Hai aforo limitado!!

AVISO: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.

Despois do cocido haberá foliada con sabor de Lk.

Non hai escusa para non vir!!

Aula maxistral de baile e percusión con Antonio Prado

As aulas da ACGB organizan unha aula maxistral de percusión e baile tradicional o 11 de xaneiro de 2020 no Ateneu Roig a cargo de Antonio Prado.

Se estás interesada, podes mandar un correo a aulas.acgb@gmail.com e recibirás información para o pago.

Percusión/pandeireta: Coñeceremos distintos instrumentos partindo dos patróns básicos da música tradicional galega, xogaremos con eles para ter nocións básicas da súa técnica e con isto montaremos unha peza tradicional combinando ritmos e sonoridades.

Baile: cos movementos máis significativos do baile tradicional aprenderemos técnicas para poder combinalos dun xeito que nos permita improvisar con maior facilidade, creando multitude de puntos e situando variantes xeográficas dos mesmos.

Antonio Prado é bailador e percusionista. Nado na Coruña, leva dende os 4 anos introducido no folclore tradicional galego.

Forma parte do grupo de baile Donaire é compoñente de Xosé Lois Romero & Aliboria, con quen sacará novo disco en 2020. Actualmente é profesor de baile na Asociación Cultural Donaire, Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Mesía e outras escolas da Coruña, actividades que compaxina coa aprendizaxe de luthería de corda clásica.

Gañador de diversos premios coma o Martín Códax da Música Galega 2018 na categoría folk con Aliboria ou concursos de baile e música en distintas modalidades: Azaloira, Xacarandaina, Malveiras, O Grove, Tequexetéldere, Padrón, Sta. María de Torás…

Toca habitualmente con Os Viqueiras de Ordes. Asistíu a dúcias de cursos con grandes referencias de baile e música, e ten colaborado ou gravado con artistas como Kepa Junkera, Berrogüetto, Samarúas, Fernando Barroso ou Moura.

Horarios:

16:00 a 18:00 Percusión / Pandeireta
• 18:30 a 20:30 Baile
• 20:30 Foliada aberta

Prezos

Socio:
Unha especialidade 15€ / dúas 20€

Xeral:
Unha especialidade 25€ / dúas 30€

Esperámosvos!!!!!

Foliada de Nadal 2019


Hai un mes da última foliada da ACGB e parece que o corpo está a pedir outra!

Será este xoves, día 19 de decembro no Ateneu Roig 🌟 

Haberá música, baile e comida rica e brindaremos porque cada ano que pasa, pasámolo cada vez mellor.

Traede instrumentos, ganas de festa e sen hora de voltar a casa!

Esperámosvos!

Na LudoteGa, un Nadal de conto!

Ludotegueiras e ludotegueiros, este ano volve visitarnos o Apalpador.

Virá o día 14 de decembro ás 11:30 á LIBRERIA DOCUMENTA (Pau Claris, 144) Llibreria Documenta.

Haberá contacontos, panxoliñas e outras sorpresas.

Para que o Apalpador poda facer a equipaxe, precisamos saber cantas nenas e nenos virán. Avisa mandando un correo a ludotega@gmail.com.

Xa pasaremos o pucho no día!
Moitas grazas e vémonos para comezar un Naldal de conto en galego!!

7º Aniversario da ACGB

WhatsApp-Image-2019-10-17-at-12.48.30
Que aínda non o sabías? Pois xa falta menos para o acontecemento do ano, que non podes perder! A ACGB cumpre sete anos e imos celebralo, como sempre, ao grande.
O próximo 9 de novembro temos a tradicional xuntanza do aniversario da ACGB, onde un sentimento Atlántico encherá de música, baile tradicional, polbo, licor café e corazóns morriñentos o barrio de Gràcia. Achégate á Plaça Joanic a partir das 12.30h do mediodía!
Esta será a programación do día:

LudoteGa

Haberá varias actividades, xogos e muita diversión para o público mais miúdo. Tamén é altamente recomendábel para @s mais grandiñ@s.
 

Obradoiro de baile tradicional galego

Ester Bertran impartirá unha sesión de iniciación para “sobrevivir” á foliada. Xa non hai desculpa para quedarte na cadeira! 
 

Procesión da Santa LK

Despois de mover o corpo a ritmo de baile, as masas terán a oportunidade de venerar e acompañar á nossa Santa na Plaça Joanic. Encoméndate a ela e pídelle o teu desexo mais licoreiro.

 

Pregón do 7º Aniversario da ACGB

Este ano teremos a honra de contar co artista mais “Diplomático”, Xurxo Souto, como mestre de cerimonias!
 

Xantar popular

Este ano poderás desfrutar dun delicioso menú galego. Isto require dunha preparación mental previa, xa que hai serios riscos de que non poidas parar de comer.
 

Café literario-musical com Xurxo Souto e Richi Casas

Xa co bandullo cheo chegará a hora do café. Para isto, nada mellor que unha conversa de contos e cantos con Xurxo Souto e Richi Casás. Ademáis, Xurxo presentará o seu libro “A gran travesía de Chiruca Macallás”, que conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto ofrécenos unha novela personalísima que retrata a aventura dunha marea singular con ton epopeico. O café promete ser moi dinámico, xa que se buscará a interacción co público.
I Foliada da diáspora. A música seguirá coa I Foliada na diáspora, un proxecto do mais interesante, que descubrirás ese día.
 

Vudú

Chegadas desde A Coruña, Vudú son Belém Tajes, teclado e voces xunto con Maritxinha no baixo e loops. No 2016 gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por “Eu son VooDoo” no certame Musica Xove.
Na primavera de 2017, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul que lles serve de impulso para traballar no seu segundo EP Vudú Vol. II. Gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero, foi autoeditado en 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man.
No inverno de 2018 gravan e autoeditan o seu primeiro LP, Vudú Vol. III coa produción de Nicolás Vieites. Con este LP acaban de gañar o premio á Mellor adaptación dun tema tradicional por “Moreniña”, nos XVIII Premios Opinión de Música de Raíz.
Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. É unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos. Vudú tocará em formato trio, acompañadas de Bruno Couceiro á batería, e deleitarannos cunhas deliciosas cancións, como antesala da queimada.
 

Queimada

Entre unha banda e outra a alegría seguirá coa tan ansiada queimada. O ritual estará oficiado polo noso druida Anxo Baranga.
 

Banda Xangai

Ande a roda! Medre o mar! Estes son os dous berros da Banda Xangai, que recollen perfectamente o sentir da galeguidade na diáspora. A ligazón do tren e o mar identifican a tantas xentes que algún día cambiaron de augas. A Banda Xangai é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya. Ese intercambio humano, social, cultural e artístico entre o Atlántico e o Mediterráneo é o fío condutor dunha iniciativa única da que xa agromaron festivais poéticos ou formacións musicais e que viviu un dos seus puntos culminantes na celebración do 40º aniversario do Ateneu Nou Barris de Barcelona, o centro social máis antigo do Estado e que sempre contou cunha forte presenza da emigración galega.
Xúntanse na Banda Xangai nomes importantes da música galega, de bandas xermolo do movemento Bravú e proxectos posteriores: Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto), Os Papaqueixos (Xan Xove, Antón Díaz e Richi Casás), O Jarbanzo Negro (Nacho López e Tanja Haupt), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela e Paola Beiro), A Magnifique Bande dos Home Sen Medo (Martiño Mato, Olivier Cano e Miguel Paz), Brassica Rapa (María Prado)… Xuntas conforman unha locomotora musical de vocación festiva.
 

DJ Cortizo

Acabaremos a festa cos ritmos que nos ofrecerá o DJ Cortizo, para botar os últimos bailoteos do día.
Con todo isto, vas perder este día tan espectacular?
 
En català:
 
Tu no sabies? Perquè ja falta menys per a l’esdeveniment de l’any, que no pots perdre! La ACGB compleix set anys i ho celebrem, com a sempre, a la gran. El proper 9 de novembre vam tenir la tradicional trobada de l’aniversari de la ACGB, on un sentiment Atlàntic omplirà de música, dansa tradicional, pop, cafè licor i cors marriments del barri de Gràcia. Vine a la Plaça Joanic de 12.30 h del migdia!
A continuació l’horari de la jornada:
 
LudoteGa. Hi haurà diverses activitats, jocs i molta diversió per als més petits. També serà molt recomanable per als grans!.
 
Taller de dansa tradicional gallega. Ester Bertran farà una sessió introductòria per “sobreviure a la foliada”. Ja no hi ha cap excusa per quedar-te de la cadira!
 
Processó del Santa LK. Després de moure el cos a ritme de ball, les masses tindran l’oportunitat de venerar i acompanyar la nostra Santa a la plaça Joanic. Encomia’t a ella amb uns bons licors.
 
Pregó del setè aniversari d’ACGB. Aquest any tindrem a l’artista més “Diplomàtic”, Xurxo Souto, com a mestre de cerimònies!
 
Cafè literari-musical com Xurxo Souto i Richi Casás. Amb l’estómac ple arribarà el moment cafeter. Per a això, tindrem cançons i contes amb Xurxo Souto i Richi Casás. A més, el Xurxo presentarà el seu llibre “A gran travesía de Chiruca Macallás”, que narra el viatge d’un vaixell que surt cap al Gran Sol dirigit per una dona, que revela una història de superació. Amb l’enorme força de la història oral i la inclusió d’elements fantàstics i surrealistes que recreen l’atmosfera gràfica de Urbano Lugrís, Xurxo Souto, ofereix una novel·la molt personal que retrata l’aventura d’un to tan particular com a heroic. El cafè promet ser força dinàmic, ja que tots dos buscaran la interacció amb el públic.
 
I Foliada da diáspora. La música continuarà amb la I Foliada da diàspora, un projecte molt interessant que descobrireu aquell dia.
 
Vudú. Des de La Corunya, Vudú són Belém Tajes, teclat i veu, i Maritxinha al baix i bucles. En 2016 graven en format de quartet el seu primer EP als estudis Bruar de La Corunya i guanyen en Compostel·la el premi a la millor cançó en gallec amb “Eu son VooDoo”, al concurs Música Xove. 
A la primavera de 2017, guanyen el premi Martín Codax de la música gallega a la categoria Blues / Funk / Soul, que serveix com a incentiu per a treballar el seu segon EP Voodoo vol. II. Gravat als estudis Abrigueiro amb l’Arturo Vaquero, va ser auto-llançat en 2017, amb un tiratge de 300 còpies realitzades i pintades a mà. 
A l’hivern de 2018 graven i auto editen el seu primer LP, Voodoo vol. III, amb la producció de Nicolás Vieites. Amb aquest LP acaben de guanyar el premi a la millor adaptació d’un tema tradicional, “Moreniña”, al XVIII Premio Opinión de Música de Raíz. 
 
Vudú són lletres arribades de la música tradicional gallega amb harmonies fonamentalment Soul i R&B. És una música íntima i elegant, per moments granspetits. Vudú tocarà en format trio, acompanyat per Bruno Couceiro a la bateria, i ens oferiran unes delicioses cançons, com a pas previ a la queimada.
 
Queimada. Entre banda i banda l’alegria seguirà amb la queimada. El ritual serà a càrreg del nostre druida Anxo Baranga.
 
Banda Xangai. Ande a roda! Medre o mar! Aquests són els crits de la Xangai Banda, que recullen perfectament el sentir de la diàspora gallega. El vincle del tren i el mar identifica a tanta gent que un dia van canviar d’aigües. La banda de Xangai és molt més que un grup: pren prestat el sobrenom del tren que durant dècades va unir Galícia i Catalunya. Aquest intercanvi humà, social, cultural i artístic entre l’Atlàntic i el Mediterrani és el tema principal d’una iniciativa única que ja va brollar de festivals poètics o grups musicals i, que va tenir un dels punts culminants en la celebració del 40 aniversari de l’Ateneu de Nou Barris de Barcelona, el centre social més antic de l’estat amb una forta presència de l’emigració gallega.
S’uneixen a la Banda Xangai noms importants de la música gallega, bandes embrió del moviment Bravú i projectes posteriors: Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto), Os Papaqueixos (Xan Xove, Antón Díaz e Richi Casás), O Jarbanzo Negro (Nacho López e Tanja Haupt), As Garotas de Ribeira (Sofía Tarela e Paola Beiro), A Magnifique Bande dos Home Sen Medo (Martiño).

DJ Cortizo. Acabarem la festa amb els ritmes que ens oferirà el DJ Cortizo, per gaudir dels últims balls del dia.

Amb tot això, perdràs aquest dia tan espectacular?

 

Foliada da ACGB

64239718_2472486029448976_5739985355994562560_n.jpg

Xoves, 20 de xuño, a partir das 20 horas, no Parc da Ciutadella celebraremos o fin de curso das aulas de pandeireta e baile tradicional da ACGB. A Foliada é aberta a quen queira festa!

Podedes levar os instrumentos, alimentos e bebidas para sobrevivir a foliada do verán.

9º aniversario do Ateneu Roig

Este sábado 18 celebraremos na plaça Joanic o 9º aniversario do Ateneu Roig, e ademais, aproveitaremos para celebrar o Día das Letras Galegas.

Esperámoste alí!

WhatsApp Image 2019-05-13 at 11.25.41