Arquivo por autores: amadorcm

Primavera Son

Celebramos as Letras Galegas o sábado, 14 de maio na Plaça Joanic de Barcelona, como sabedes. Será a nosa 1a edición de PRIMAVERA SON 🌻

Comezaremos cunha lectura do manifesto “Estreleira Viaxeira” ás 11:45 horas. O manifesto nace co obxectivo de “divulgar e popularizar os símbolos máis senlleiros da Galiza”. E penduraremos unha bandeira de 10m x 10m dun dos nosos símbolos.

Despois temos sesión vermú amenizada coa “Xaranga Màgic”. Non hai festa na que non estea esta fusión de éxito: Lk + fanfarra 🥃 🎺

Ah, haberá polbeiro todo o día na praza 🐙 para o xantar, merenda e cea!

Sabedes que o escritor e activista político Florencio Delgado Gurriarán é o autor homenaxeado deste ano? pois ben, Furafollas Agrupación Teatral encargárase de que Florencio estea presente no evento con teatro encontro e posteriormente, Aula d’idiomes fará unha presentación do autor e a súa obra.

Ás 17:30 horas comezará unha foliada aberta. Preparade instrumentos e ganas de bailar!

Monoulious DOP, un trío de Noia estarán connosco! Fan cancións de “temática gastronómica, desamorosa e climatolóxica para brincar sen parar”, como din eles. Será apocalíptico 🎤🎬

Para rematar, ás 22:00 volve o DJ Cortizo para poñer a “ghinda” ao Primavera Son.

Podedes mirar os horarios no cartel, serán aproximados (intentaremos cumprir con eles). Podedes compartir cos vosos coñecidos, compis e familia.

Queda pouquiño para que Primavera Son comece! Faremos historia! 💙

Ah, o cartel é obra, as usual, da nosa querida compañeira Miriam Dida! Grazas.

IV Cocido da ACGB

Cartaz cortesía de Miriam Dida

O vindeiro sábado 19 de febreiro celebraremos o IV Cocido da ACGB no Ateneu Roig, ás 14:00 h

O prezo do xantar será de 15€ para socias da ACGB, 18€ entrada xeral e 7€ para menores de 16 anos. Haberá opción de xantar vegano.

A partir de hoxe, luns 7 de febreiro á tarde, comezará a venda física de entradas no Ego Galego (C. de Goya, 20) e xoves 10, tamén á tarde no Ateneu Roig (C. del Torrent d’En Vidalet, 34). O número máximo de entradas que se poderán mercar por persoa é de 4. Hai aforo limitado así que non o dubidedes!

Animádevos porque os nosos cocidos son un éxito total: polo sabor, polo recendo e pola compañía! 🥳

Discofórum

Desde a ACGB, en colaboración co equipo Discofòrum, propoñémosvos participar nun discofórum de música galega o vindeiro domingo 16 de xaneiro ás 11:30h no Ateneu Roig.

Que é o discofòrum? É un grupo de persoas que se atopa para compartir música, experiencia e debate. Cada persoa leva unha canción para escoitar e despois coméntase coas aportacións de todo o grupo: sensacións, gustos, letra, melodía… As sesións duran arredor de dúas horas. É unha actividade que vai dirixida a calquera persoa que goce da música, sen necesidade de ser experta, na procura de xerar un espazo de encontro mediante un acceso á musica non mediatizado polo interés comercial.

O equipo Discofòrum, formado por Jordi, Rodrigo e Joan, e integrado dentro do programa Cultura Viva do Concello de Barcelona, leva realizando numerosos discofórums en diferentes ateneus e barrios da cidade. Neste caso, en colaboración coa ACGB, propoñen facer un discofòrum exclusivamente de música galega, coa fin de xerar un encontro que nos permita partillar a nosa música.

Anímaste a participar?

Precisamos dun mínimo de oito participantes que escollan unha canción e a manden ao email joan.m.gual@gmail.com antes do venres 14 de xaneiro.

Anímate! Calquera estilo, ritmo ou época é benvido!

Vermutazo!

O vermutazo da ACGB chega con máis forza que nunca!

O 2022 será o noso ano ✌🏼

Virá Roberto Sobrado encher a nosa sede de música e poesía. Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.

A formación galega Grupo Chévere estará connosco tamén. Falará da súa obra N.E.V.E.R.M.O.R.E. e como influíu o afundimento do petroleiro Prestige no ámbito social, político e cultural.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. estará no Teatre Lliure do 07/01 deica o 16/01/22. (función en galego o 14/01/2022)

Non hai mellor xeito de comezar o ano!!!

📸 @miriam.dida

As Aulas están de volta!!!

Aulas ACGB
Cartaz cortesía de Miriam Dida

En outubro arrancan as aulas da ACGB!

Faremos as clases de pandeireta e baile os xoves no Ateneu Roig a partir das 19:30 horas.

Se estades interesadas é moi importante que enviedes un mail a aulas.acgb@gmail.com, co voso nome e apelidos, indicando a que modalidade queredes asistir e en que nivel.

Mandarémosvos toda a información e o calendario deste trimestre.

As prazas iranse cubrindo por orde estrita de recepción dos correos, así que non vos despistedes.

Animádevos!!!

NA TABERNA CANTO CONTO: REVOLUÇÃO

O domingo 25 de abril, ás 12:30, a Agrupación de teatro FURAFOLLAS, xunto con ANIN (Associació de Narradores i Narradors de Catalunya), presentan:

NA TABERNA CANTO CONTO: REVOLUÇÃO

Unha sesión de contos+vermú, homaxe á Revolución dos Cravos que terá lugar no Ateneu Roig.

Terá a colaboración musical de Míriam Dida e Mijael Bello

Por causa das medidas restritivas pola Covid-19, é preciso reservar localidade.

Reservas:

https://ja.cat/ef5Rc

https://furafollas.wordpress.com

Non volo perdades!!!

Aula maxistral de pandeireta

Xabier Díaz

Sabedes quen estará connosco, coa ACGB, o 20 de marzo? Estará Xabier Díaz, o mesmo Mr. Tambourine Man, para impartir unha aula maxistral de pandeireta e pandeiro cadrado en La Violeta de Gràcia.

Xabier Díaz foi cantante en proxectos como Nova Galega de DanzaBerrogüetto ou aCadaCanto e agora vén a Barcelona a presentar o seu terceiro disco coas Adufeiras de Salitre: “As catedrais silenciadas”.

Información:

• Prezo socias ACGB: 20€
• Prezo xeral: 30€
 Para a inscrición: aulas.acgb@gmail.com
🕖 Horario: de 19 a 22 horas
🏷 Nivel medio avanzado
 Prazas limitadas!