Arquivo por autores: anxobaranga

Entrevista 4 – Antón Reixa

“A SGAE é unha cova de ladróns”

“en Galiza, a industria cultural non se desenvolveo co concepto dunha industria que crea riqueza”

“O concerto máis importante que fixemos Os Resentidos, foi no ano 86 en Barcelona”

“Oxalá Galiza funcionara culturalmente ca enerxía que ten ACGB de Barcelona”

Antón Reixa é un dos maiores representantes da cultura galega nos anos 70, desde a poesía até o movemento bravú, do que se considera precursor.

Foi presidente da SGAE, da que dimite por motivos que conta nesta entrevista.

Nace o equipo de fútbol gaélico da ACGB.

O día 25 de abril creouse o equipo de fútbol gaélico da ACGB “Gaelicos Bcn Do Gran Sol”. Neste vídeo podemos ver o seu primeiro adestramento.
Próximos adestramentos: mércores ás 20:30 e sábados ás 11:00.
Dependendo da dispoñibilidade, será no campo da Marbella (Barceloneta, campus da UB) ou na “Espanya Industrial”, para exercicios e mantemento físico. Para máis información: futbolgaelico@gmail.com e o facebook: Gaélicos Bcn Do Gran Sol

1º RECOMPILATORIO

Co gallo da “1ª Xuntanza de ACGB”, ACGB TV edita o “1º RECOMPILATORIO”, un breve pero intenso percorrido de ACGB desde os seus inicios. Non están tódolos actos reflectidos, nin sequera o 50% da actividade feita, pedimos desculpas. É imposíbel recoller todo nun vídeo de dez minutos. Pero ACGB TV adquire o compromiso de ir editando para futuras “Xuntanzas de ACGB” novos vídeos que vaian enchendo os furados desta primeira edición, que vós preste!!

Conversa con Antón Reixa

ACGB-TV conversará co vigués Antón Reixa o venres 8 de maio ás 6 horas da tarde.

Antón Reixa é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor.

Será en Casa Pili (C/Joaquín Costa, 55).

Estades todos convidados!

A ESMORGA chega a Barcelona!!

A Esmorga é a 5ª longametraxe do director Ignacio Vilar que, tras Pradolongo e Vilamor, leva á gran pantalla esta novela de Eduardo Blanco Amor.

Crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de troula que van deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, e tamén pechando portas tras tirar as chaves, coma se de xeito deliberado buscarán a perdición.

PROXECCIÓNS:

Preestrea o 5 de maio! Pase e coloquio con Ignacio Vilar e os actores nos Cinemes Girona en Barcelona (C. Girona 175)

O 8 de maio farase a proxección neses cinemas de Barcelona:

– Gran Vía (Hospitalet de L’H)

– Cinema Girona, C. Girona 175 (en galego)

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA (2014)

Un video para a historia de ACGB.

O día 24 de febreiro de 2014, ACGB participa no acto que a PLATAFORMA PER LA LLENGUA organizou no PARLAMENT DE CATALUNYA en conmemoración do “Día Internacional da Lingua Materna” e como celebración dos 10 anos da creación da “Xarxa Associativa de la Immigració” que dinamiza a propia

“O ARQUIVO”

Encetamos hoxe “O ARQUIVO”, un novo espazo do canal ACGB TV.  Aquí imos ir incorporando documentación audiovisual relacionada con toda a comunidade galega de Barcelona. Non so a que fai referencia a ACGB, se non tamén a outras entidades galegas que existiron i existen en Barcelona.

Para comezar, aquí tedes o vídeo “XA ESTAN AQUI!!!”, que recolle a presentación pública que se fixo de ACGB no Ateneu Roig, barrio de Gràcia. Publicouse no youtube o día 22 de abril de 2012.

Que vos preste!!!

ACGB TV no San Jordi 2015

Hoxe, día 23 de abril, Sant Jordi, ACGB ten un posto na Plaça de Vila de Gràcia de libros en galego. Horario será de 9.30 horas da mañá ata 19.30 da tarde

Entrevista 3 – Xabier Díaz.

O segundo aniversario da ACGB celebrámolo co artista galego Xabier Díaz, unha das voces masculinas de referencia do tradicional e, ademais, é compilador e investigador do folclore galego.

Entrevista 2: Bieito Romero

Bieito Romero, o creador de Luar na Lubre, visitou  a ACGB o día 28 de decembro de 2013. Aquí podedes ver un extracto da entrevista. Foi un pracer conversar con el.