Arquivo por autores: gorettitti

Mar Doce Lar – 17 de maio

Xa temos aquí a programación para o acto das Letras Galegas deste domingo 17 de maio, ás 12h no Ateneu Roig.

MAR DOCE LAR – Letras Galegas 2015

Recital  de textos de autores brasileiros, portugueses e galegos, con acompañamento musical.

Os asistentes que o desexen poderán participar no recital, avisando aos organizadores uns minutos antes de comezar o acto. Podedes traer os textos que queirades, intentando enlazar coa temática proposta (Mar)

Despois do recital haberá un xantar: Fideos á cazola, pan, viño, auga. E de postre queixo con marmelo. Para poder calcular as cantidades, se tedes intención de participar no xantar, escribide a info.acgb@gmail.com antes do xoves á noite.

Tamén haberá libro en galego, animádevos a manter vivas estas Letras Galegas!

 

MAR

Foliada na Festa de Sant Just – 22 de maio

FIA Foliada intercultural aberta

O ano pasado desfrutamos tanto na Festa do barrio de Sant Just (Gòtic – Barcelona) que este ano repetimos!

11205590_839193169500458_1960278712288559100_n

View original post

Novo grupo nas Aulas de Pandeireta

As aulas de pandeireta da ACGB abren un novo grupo de nivel inicial, os luns de 19:30h a 20:30h  no barrio de Sants, a partir do mes de abril. Para inscricións e/ou dúbidas, enviade correo a bcnpandeireta@gmail.com

Taller_Pandeireta_gl_nivel0_terra

Mofa e Befa estrea obra en galego en Barcelona

Case duascentas persoas déronse cita o pasado 2 de decembro no Espai Jove Fontana para fartarse a rir durante dúas horas coa estrea en Barcelona de Shakespeare para ignorantes en galego, a cargo de Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Victor Mosqueira) e Quico Cadaval.

10857864_874225692608359_3923436573900695157_n

Organizada pola ACGB, a representación convocou a un bo feixe de emigrantes galegas e representantes de diversas entidades galegas en Catalunya, mais tamén a xente de Catalunya atraída pola ampla traxectoria da compañía e o éxito da obra, premiada en varias ocasións e estreada en outubro do 2009;  chegando a representarse a outra beira do Atlántico o pasado setembro, no Festival de Teatro de Nuevo León en Monterrey (México).

A comedia, artellada sobre a exhibición descontrolada dun dúo teatral nunha conferencia académica sobre o autor inglés, fixo un amplo repaso pola súa obra, con especial énfase nos seus textos máis descoñecidos ao público en xeral e deixando grandes momentos de aceno galego adicado a entes tan enraizados no noso subconsciente colectivo coma a Deputación de Ourense e a Voz de Galicia.

Unha boa mostra da saúde das artes escénicas galegas, malia a carencia de axudas públicas  e a subida continua dun IVA prohibitivo para unha industria social.

Coloquio con Sés

Aproveitando a celebración do concerto de Sés en L’Hospitalet de Llobregat, que terá lugar na Sala Salamandra o sábado 29 de novembro, María Xosé Silvar, a voz de Sés, achégase á Asemblea Cultural Galega de Barcelona para conversar sobre música, lingua e cultura galegas e os seus proxectos. Será o xoves 27 de novembro, ás 20h, no Ateneu Roig (c/Ciudad Real, 25 – Barcelona).

Por motivos de espazo e organización, establecemos un sistema de inscrición para este evento concreto. Podes inscribir a túa participación na seguinte ligazón: http://www.reunalia.com/864287 En caso que dubides se poderás asistir, evita inscribirte inicialmente para quen si poida non perda a oportunidade.

cartaz seslow

O domingo 23 de novembro, conversamos con Ponte…nas Ondas!

Aproveitando a súa visita a Barcelona para a recollida do premio Ondas 2014 á mellor cobertura informativa, este domingo 23 de novembro conversamos cos compañeiros de Ponte… nas Ondas! Será ás 11:30h no Ateneu Roig (carrer Ciudad Real, 25 – Barcelona).

PONTE…NAS ONDAS! é unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria de Galiza e do norte de Portugal, consistente nunha xornada de emisión radiofónica realizada por alumnos galegos e portugueses, con especial atención ao Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Podedes consultar máis información na súa web.

ponte nas ondas

Obradoiros de pandeireta e coplas con Xabier Diaz

obradoiro_xabierdiaz_acgb2

Aproveitando a visita de Xabier Díaz con motivo do concerto de celebración do segundo aniversario da ACGB o venres 24 de outubro, organizamos dous obradoiros de pandeireta e canto o domingo 26 de outubro.

Haberá dous grupos, dun máximo de 15 persoas cada un, en función do nivel de pandeireta, cos seguintes horarios:

– Nivel inicial de 12h a 14h

– Nivel intermedio/avanzado de 16h a 18h 

Para participar nos obradoiros requérese ter unha base mínima da técnica da pandeireta (coñecer os ritmos básicos: muiñeira, xota, pasodobre).

O lugar de realización dos obradoiros será o Centre Comarcal Lleidatà (c/Plaça Universitat, 1 – Barcelona)

O custo do obradoiro de dúas horas será de 12 € para socias/os de ACGB e de 17 € para os non socios. A inscrición realizarase por rigurosa orde de solicitude, ata encher as 15 prazas dispoñibles en cada un dos grupos.

Se queres participar, envía un correo a aulas.acgb@gmail.com indicando o nivel para o que solicitas praza. Se tes dúbidas sobre o teu nivel, indícao no correo de inscrición e intentaremos orientarte. Recibirás unha resposta de confirmación de praza, con máis información sobre o obradoiro e a forma de pago.

—————————————————————–

Aprofitant la visita del Xabier Díaz amb motiu del concert de celebració del segon aniversari de l’ACGB el divendres 24 d’octubre, organitzem dos tallers de pandeireta i cant el diumenge 26 d’octubre.

Hi haurà dos grups, d’un màxim de 15 persones cadascú, en funció del nivell de pandeireta, amb els  següents horaris:

– Nivell inicial de 12h a 14h

– Nivell intermedi/avançat de 16h a 18h 

Per participar en els tallers es requereix tenir una base mínima de la tècnica de pandeireta gallega (conèixer els ritmes bàsics: muiñeira, xota, pasodobre).

El lloc de realització dels tallers serà el Centre Comarcal Lleidatà (c/Plaça Universitat, 1 – Barcelona)

El cost del taller de dues hores serà de 12 € per socis/es de l’ACGB i de 17 € per la resta. La inscripció es realitzarà per rigorós ordre de sol·licitud, fins a omplir les 15 places disponibles en cada grup.

Si vols participar, envia un correu a aulas.acgb@gmail.com indicant el nivell per al que sol·licites plaça. Si tens dubtes sobre el teu nivell, demana’ns consell. Rebràs una resposta de confirmació de plaça, amb més informació sobre el taller i el pagament.

Reserva as túas entradas para o concerto de Xabier Díaz

Traémosche boas novas!

Queda menos dun mes para a celebración do 2º aniversario da ACGB co concerto do artista galego Xabier Díaz. O evento será o venres 24 de outubro de 2014 no teatro do Centre Comarcal Lleidatà, ás 20.30 h (c. Ronda Universitat, 1)

Se vives lonxe do Ateneu Roig, non che van ben os horarios facilitados para a compra das entradas, ou non queres arriscarte a quedar sen ela, podes facer unha reserva mediante transferencia bancaria á conta da ACGB.

– Núm. de conta: 1491 – 0001 – 23 -2032929024 (Triodos Bank) É moi importante que especifiques no concepto do ingreso: “Número de entradas – Concerto X. Díaz – Nome da persoa de referencia”. O prezo é de 6 € para socias/os da ACGB e 8 € xeral.

Pode ser que a túa entidade bancaria cobre gastos de xestión, polo que se vés en grupo, recomendámosche que fagas un ingreso grupal, aforrando os gastos de xestión individuais.

– Envía un correo electrónico a info.acgb@gmail.com indicando o nome de referencia ao que se fixo o ingreso, e o número e tipo/s de entrada/s (entrada de socia/o ou entrada xeral).

– Recibirás un correo electrónico confirmando a recepción da transferencia, que será o teu comprobante de reserva.

O día do concerto, intenta chegar antes das 20.15h para recoller as túas entradas.

Pago_triodos

Et portem bones notícies!

Queda menys d’un mes per la celebració del 2n aniversari de l’ACGB amb el concert de l’artista gallec Xabier Díaz. L’esdeveniment serà el divendres 24 d’octubre de 2014 al teatre del Centre Comarcal Lleidatà a les 20.30 h (Ronda Universitat, 1).

Si vius lluny de l’Ateneu Roig, no et van bé els horaris facilitats per a la compra de les entrades o no et vols arriscar a quedar-te sense una, pots fer una reserva mitjançant transferència bancària a l’ACGB.

– Núm. de compte: 1491 – 0001 – 23 – 2032929024 (Triodos Bank). És molt important que especifiquis al concepte de l’ingrés: “Número d’entrades – Concert X. Díaz – Nom de la persona de referència” El preu és de 6 € per a socis/ies de l’ACGB i 8 € general.

Pot ser que la teva entitat bancària cobri despeses de gestió, pel que si véns en grup, et recomanem que facis un ingrés grupal, estalviaràs les despeses de gestió individuals.

– Després, has d’escriure un correu a info.acgb@gmail.com, indicant el nom de referència donat a l’ingrés, i el numero i tipus d’entrada/es (entrada de soci/ia o entrada general).

– Rebràs un correu electrònic confirmant la recepció de la transferència, que serà el teu comprovant de reserva.

El dia del concert, intenta arribar abans de les 20:15h per recollir les teves entrades.

Obradoiros regulares de pandeireta e canto tradicional galego

FIA Foliada intercultural aberta

Taller_Pandeireta_Cris_gl

En outubro comezan os Obradoiros de Pandeireta e Canto Tradicional Galego.

Nivel iniciación: xoves, de 20:30h a 21:30h

Nivel intermedio: xoves, de 19:30h a 20:30h

Onde? En Carrer Tenor Masini, núm. 50 (Metro Pl. de Sants (L1 e L5) e metro Pl. del Centre (L3)

Duración: do 2 de outubro ao 18 de decembro de 2014

Prezo: 45€ xeral  / 35€ para socias/os da ACGB

Se estás interesada/o envia un correo a  bcnpandeireta@gmail.com

Anímate a mover ferreñas e participar nas FIAs!!

———————————————————————–

A l’octubre comencen els tallers de Pandeireta i Cant Tradicional Gallec

Nivell iniciació: dijous, de 20:30h a 21:30h

Nivell intermig: dijous, de 19:30h a 20:30h

On? Al Carrer Tenor Masini, núm. 50. (Metro Pl. de Sants (L1 e L5) e metro Pl. del Centre (L3)

Duració: del 2 d’octubre al 18 de desembre de 2014

Preu: 45€ general / 35€ per socis de l’ACGB

View original post 18 palabras máis

Volven os encontros de Novidades Maruxa

Coa chegada do outono volven os encontros de Novidades Maruxa, xuntanzas mensuais para facer actividades manuais creativas de diversa tipoloxía e ámbitos, desde a perspectiva do “Feito a man”. O obxectivo principal é o intercambio de saberes e coñecementos mutuos dentro dun contexto galego, fomentando a creatividade, o autoaprendizaxe e a autosuficiencia.

Novidades_maruxa_blue2

Os encontros realízanse o último sábado de cada mes, a partir das 16:30h no Ateneu Roig (c/Ciudad Real, 25 – Gràcia – Barcelona). Podedes confirmar a vosa asistencia, ou resolver as vosas dúbidas, escribindo a novidades.maruxa@gmail.com

Velaquí o programa deste primeiro trimestre, lembrade que se queredes aproveitar o espazo para facer as vosas propias manualidades, sodes benvidos!  É un espazo aberto para nós!

Sábado 27 de setembro (a partir 16:30h): Xuntanza libre para facer as vosas propias creacións, aproveitaremos para poñernos ao día do verán. Se non tedes proxecto, nós traeremos material para que poidades comezar!

imageSábado 18 outubro (a partir 16.30h): comeza o frío e imos  precisar un bo bálsamo labial de mel natural! Imprescindible confirmar asistencia en novidades.maruxa@gmail.com antes do xoves 15 de outubro, para calcular o material necesario.

 

image (1)Sábado 29 novembro (a partir 16:30h): Sempre ves nas feiras esas bolsas tan estupendas e sinxelas con algún estampado ou frase divina, tan útil  para levar os garavanzos que mercas cando saes do traballo, ou para vir ás maruxiñas e levar as agullas e a lá…  só tes que traer as teas que queiras, e nos poremos o patrón e a máquina de coser.