Arquivo por autores: miriamdida

O Apalpador volve á LudoteGa!

ludotega

 

O Apalpador volve á LudoteGa!

O Apalpador xa está preparando a súa equipaxe para visitar aos nenos e nenas á Ludotega. A visita está prevista para o domingo 18 de decembro a partir das 17:00 h no Ateneu Roig (carrer Torrent d’en Vidalet, núm. 32, no barrio de Gràcia), local onde reside a Asemblea Cultural Galega de Barcelona. O Apalpador vén a Barcelona chegado directamente das montañas do Caurel, e haberá música, panxoliñas, manualidades e moitas sorpresas (non esquezades as pandeiretas e zambombas para tocar!).

Aviso: Para saber se ten que encher moito o saco, o Apalpador precisa saber cantos nenos virán a velo. Podedes inscribirvos enviando un correo a ludotega@gmail.com.

4º Aniversario Literario con Séchu Sende e Sherezada Bardají

documenta

O vindeiro sábado 19 de novembro, a Asembleia Cultural de Galega em Barcelona apresentará o livro “La venedora de paraules” de mao do seu autor, Séchu Sende, em Barcelona. O livro é a traduçom ao catalá do original “Made in Galiza”, premio Anxo Casal ao melhor livro do ano no 2007, e editado agora em catalá por RBA-La Magrana. Participarám a tradutora Mònica Boixader e um representante da editorial.

O acto terá lugar na livraria Documenta; primeiro, ás 12.00, estará Sherezade Bardají com “Contos para día de choiva”. Ás 13, “La venedora de paraules” con Sende.

Sobre “La venedora de paraules”  tenhem dito:
Màrius Serra: “Su narrativa consigue transformar las palabras en personajes y profundiza en los conflictos de la convivencia entre lenguas con una mirada irónica y desacomplejada. (…) os hallazgos de Sende son maravillosos y muestran la profunda astuticia del menosprecio lingüístico a que siguen sometidas las lenguas peninsulares, portugués excluido, consideradas de segunda por aquellos que se llenan la boca de diversidad”, en La Vanguardia

Joan-Lluis Lluis: “De tant en tant, (…) apareix algú capaç de transformar l’observació en joc i l’erudició en literatura. Algú capaç de fer prou malabarismes amb la imaginació per transformar la ciència sociolingüística en recull de contes saborosos. És el cas, sense cap mena de dubte, del gallec Séchu Sende”, en El punt-Avui

Francesc Ginabreda: “Escriptors i activistes com Séchu Sende contribueixen a mantenir l’espurna de les paraules i l’índole de les llengües, que són pilar de la cultura i la història dels pobles.”

5 NOV: Desafíos para o futuro da lingua galega

desafios_galega

Como evolucionou a lingua galega nos últimos anos? Foron efectivas as políticas normalizadoras aplicadas até o momento? Cal é a situación do idioma despois de máis de 30 anos de ensino de galego nas escolas? Que cómpre facer de cara o futuro da lingua? Como podemos facer valer os nosos dereitos lingüísticos?

Para responder a estas preguntas, a todas as que poidades ter e contar coas vosas reflexións sobre a lingua galega e os dereitos lingüísticos en xeral, o sábado 5 de novembro -ás 20h– visita a ACGB Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Linguística (amesa.gal) canda Paul Bilbao, secretario xeral de Kontseilua, plataforma de asociacións a prol do éuscaro.

O encontro terá lugar na nosa sede, a Associació Cultural Roig (Carrer del Torrent d’En Vidalet, 34, 08012 Barcelona).

Agárdamosvos! Non dubidedes enviar a información a todas as persoas que poidan ter interese e facer toda a difusión que vexades axeitada!

Non cómpre inscrición previa.

Este acto está coorganizado co leitorado de galego da Universitat Autònoma de Barcelona.

Este venres 8 de abril: Grandes Conversas entre Montes & Ares!

Cartel fianl Carlos_Alberte

O Colectivo Birrantia, este venres 8 de abril ás 19 horas no Ateneu Roig organiza:

Grandes Conversas entre Alberte Montes (cómico, actor, guionista e locutor) e Carlos Ares (Presidente da Academia Galega do Audiovisual, guionista e productor). Os dous son socios da ACGB!

Non podes faltar!!! Haberá Birrantia e grandísimas conversas.

Queres ver En todas as mans en Barcelona?

trespes

 

Proxección de En todas as mas en Barcelona a través da plataforma Screenly!! Se queredes visionar En todas as mans en Barcelona, agora é posíbel.

A cooperativa TresPés Rodondela queren a lanzar a proxección do seu documentario en Barcelona a través da plataforma Screenly. Vai ser o día 21 de abril ás 20 horas nos Multicines Aribau. Despois da proxección haberá coloquio con Diana Toucedo, a directora.

A proxección realizárase se conseguen un número mínimo de billetes vendidos previamente e precisan a vosa colaboración. A data límite para confirmar o evento é o xoves 14 de abril de 2016. 

Deixámosvos o link para poder reservar a vosa entrada:

https://screen.ly/evento/135/en-todas-as-mans-aribau-multicines/

Bulide que queda pouco!!

Benvida á primavera con xogos tradicionais!!

16_03 Cartaz xogos tradicionais

O vindeiro domingo 3 de abril imos ter unha LudoteGa adicada aos xogos tradicionais, así que pasarémolo moi ben. Nen@s, e non tan nen@s.

Xogaremos ó pano, á pita cega, a pasa-perico e á chave ou a ra. Tamén faremos algún bit e ademais cantaremos algún dos nosos clásicos e unha novidade. Aquí tendes a ligazón para que vaiades aprendendo a letra.

 

Esperámosvos este domingo ás 11:30h no Ateneu Roig (carrer Torrent d’en Vidalet núm.32, barri de Gràcia). Se algún pai ou nai quere traer outros xogos alternativos, coma as chapas, cánicas, unha corda, os bolos ou buxainas… adiante!

Galegos no cuarto mundo na Euskal Etxea

EuskalEtxea_abril2016_gal

O vindeiro 2 de abril temos unha cita no Euskal Etxea de Barcelona! Algo tardabamos, non?

Ás 18:00 horas achégate ao encontro cos Amics del Moviment Quart Món Catalunya. Presentaranos o seu proxecto. A súa tarefa acompañar as familias de orixe galaicoportugués en situación de exclusión dos barrios da Pau, en Badalona, e do Poblenou, en Barcelona, pasar un intre con elas e escoitalas, xogar cos máis pequenos, coñecer as súas necesidades máis básicas.

Inicialmente, os voluntarios e voluntarias puxeron en marcha unha biblioteca de rúa que pretendía achegar a lectura aos nenos e nenas destas familias. Co tempo, e tendo en conta as necesidades e demandas das familias, empezaron a xurdir outras actividades de lecer, reforzo escolar e deporte para os nenos e nenas. Máis info:

http://movimentquartmon.blogspot.com.es

A partir das 19:30h e para rematar o día, temos Foliada coa FIA! agardámosvos para botar unhas cantigas e uns bailes!

Non o perdades!!!

LudoteGa do Entroido 2016

cartaz ENTROIDO-01

O domingo 7 de de febreiro celebraremos o Entroido na nosa LudoteGa. Esperamos que veñades todos e todas disfrazados ás 11:30h no Ateneu Roig (carrer Torrent d’en Vidalet núm.32, barri de Gràcia) para facer troula, cantar cancións e coñecer máis cousas desta festa que é tan nosa. O Entroido xa está aquí, ímonos divertir!!!

10 de febreiro na UB: En lembranza de Sabela Labraña

SABELAO vindeiro mércores día 10 de febreiro, ás 19:30 horas na U.B. da Plaça Universitat (Aula de mestres do edificio novo) terá lugar un acto en memoria de  Sabela Labraña Barrero, activista da cultura galega, amiga e socia da ACGB.

O 31 de xaneiro, a Cía. Chévere presenta CITIZEN en galego no Ateneu 9 Barris

FB_IMG_1452862208794

A Cía. Chévere estará no Ateneu 9 Barris coa súa última obra: Citizen! Se queredes vela en galego, será o domingo 31 de xaneiro ás 18 horas; a ACGB colabora ca súa difusión. Para mercar as entradas (8€, anticipada ou 10€, no mesmo día):

http://entradium.com/entradas/citizen-de-la-cia-chevere-citric-2016

Citizen é teatro de texto. De actor. É teatro documental. Performance. Comedia. Audiovisual. Pero sobre todo, é teatro. Un xogo entre o que pasa de verdade no escenario e o que dubidamos se pasou ou non nas nosas vidas. É o que para nós significa facer teatro aquí e agora. Citizen inspírase no Citizen Kane de Orson Welles. Esta película conta a historia de Charles Foster Kane, un empresario norteamericano da comunicación que chegou a ser unha das persoas máis ricas e poderosas do mundo no primeiro terzo do século XX. A nosa obra conta a historia de A.O., un empresario galego do textil que se convirte nunha das persoas máis ricas do mundo no último terzo do século XX.

Imos contar unha historia da Transición a partir dunha estrana coincidencia histórica: a morte de Franco e a apertura das primeiras tendas de Zara en A Coruña ocorren no mesmo ano, separadas por unhas poucas semanas. Estamos en 1975. Franco morreu. Sara, unha estudante comprometida no movemento anti-franquista, fuxe da policía e refuxiase nunha tenda que ainda non abriu. Alí atópase co seu dono, A.O., un empresario afastado da realidade e disposto a conquistar un imperio. Ela está exactamente onde lle corresponde estar. Él non ten posición. Ela é dun lugar do que ven fuxindo. Él xa esqueceu de onde ven, pero sabe exactamente a onde quere chegar.

Finalizado espectáculo, realízase un coloquio cos artistas: Culturas minorizadas vs. riqueza globalizada.

Non faltedes!!!