Arquivo por autores: miriamdida

3º aniversario da ACGB: sábado, 28 de novembro na Euskal Etxea!

Cartell_ACGB_gal

Este ano imos celebrar o 3º aniversario da ACGB no centro cultural Euskal Etxea (Arc de Sant Vicenç, Born). Será o sábado, 28 de novembro, ás 19.30 horas. A entrada custará 5 € .

Venda de entradas: o mesmo sábado 28-N, na Euskal Etxea, a partir das 13 ata as 19.20 horas!!! 

Comezaremos co grupo O Val das Mouras. Esta formación celta-folk basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no libro Follas Novas. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi lonxe, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron a muller galega, o emigrante, o mariñeiro e o aldeán e nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto. (www.ovaldasmouras.com)

Despois, visitarannos as músicas de Maruja Limão. A súa sonoridade foi posíbel por unha simbiose entre as culturas ibéricas grazas á cultura do mar: voces do Atlántico, do Cantábrico e de todo o Mediterráneo. É música para ser sentida e espremida. Os temas, a nova composición e as adaptacións da música tradicional e popular comparten esta mesma estética tradicional, transgredida, tanto na vertente literaria, como no musical. Maruja Limão é unha muller que cheira a terra e a mar.   (www.marujalimao.wordpress.com)

Para rematar a noite, bailaremos ao son de Niamh Trio. É una nova formación de Barcelona, xorde nos inicios do 2014. Busca un son persoal para as melodías tradicionais procedentes de Galiza, Francia e Irlanda. Dispón dun repertorio enfocado cara ao baile tradicional, como cara a calquera acontecemento festivo, grazas a que combina as melodías tradicionais con dinámicas máis actuais. (niamh-trio.blogspot.com.es)

 

Vermú musical ás 13 horas no 3º aniversario da ACGB

vermut_euskal2015

Haberá vermú musical na Euskal Etxea polo 3º aniversario da ACGB. A FIA será a encargada amenizar a mañá para que bailemos todas e todos! Empezará ás 13 horas. Opai!!!!!!!

Obradoiros de baile tradicional galego no 3º Aniversario da ACGB

obradoiro_baile_2015

O 28 de novembro, no aniversario da ACGB, tamén haberá obradoiros de baile tradicional galego.

Os horarios:

– 16 – 17 horas: nivel de iniciación

– 17 – 18 horas: nivel medio/alto

Os prezos:

  • socias/os: 5 €


  • xeral: 7 €


  • 2 horas para socias/os: 8 €


  • 2 horas, xeral: 10 €

Se estades interesados, escribide a mijael.bello@gmail.com, indicando a opción desexada.

Hai 12 prazas por nivell/aula.

O pago dos talleres efectuarase no mesmo día do evento.


 

El 28 de novembre, a l’aniversari de l’ACGB, també hi haurà tallers de ball tradicional gallec.

Els horaris:

· 16 – 17 hores: nivell d’iniciació

· 17 – 18 hores: nivell mitjà/alt

Els preus:

· Socis/es: 5 €

· General: 7 €

· 2 hores per a socis/es: 8 €

· 2 hores, general: 10 €

Si esteu interessats, escriviu a mijael.bello@gmail.com, indicant l’opció desitjada.

Hi ha 12 plaçes per nivell/classe.

El pagament dels tallers s’efectuarà al mateix dia de l’esdeveniment.

Paula Carballeira en Munt de Mots

munts_de_mots

A contacontos de Fene Paula Carballeira estará en Barcelona no 6è Festival de Narració Oral Munt de Mots facendo dous monólogos:

Cuentos para dejar un buen sabor de boca

Infantil (a partires dos 5 anos) / Actividade en castelán.

Lugar: Biblioteca Sagrada Família (Carrer de Provença 480)

Día e hora: martes 20 de outubro ás 18:00h.

Custe: de balde.

Descripción:

Quan els contes ens parlen de menjar, sempre ens deixen un bon gust de boca. Galetes de taronja, bescuit de llimona, llàgrimes de xocolata, però també sopa de coliflor o pa de pedra, són algunes de les sorpreses que pots trobar en aquestes històries.

Os contos que non me contaron

Adultos / Actividade en galego 

Lugar: restaurante H Original (Carrer Ferlandina 29 de Barcelona)

Día e hora: martes 20 de outubro ás 20:00h.

Custe: 5€

Descripción:

A miña familia xa non se lembraba das noites de inverno sen electricidade ou aprender a camiñar coas aventuras dos outros. Até que un día a miña nai díxome “Esa historia é a que me contaba a túa avoa”. Entón eu sabía que o meu papel era: a memoria.

Máis información das dúas actividades na web de Munt de mots.

 

ENCALLADOS en Barcelona, queres vela?

encallados

Temos a oportunidade de que se proxecte en Barcelona a película ENCALLADOS (www.encallados.com) do galego Alfonso Zarauza, o xoves 22 de outubro. É a historia sobre a imposibilidade de facer unha película sobre o Prestige.

Será posible no caso de acadar un mínimo de 100 persoas que confirmen a súa entrada a través da Plataforma Screenly, na seguinte ligazón:

https://screen.ly/evento/25/encallados-aribau-club/

A proxección será en galego (VOSE) e contará coa asistencia do director e os actores. Difundimos para chegar a 100?

Xurxo Souto en Barcelona

xurxosouto

Xurxo Souto visítanos para falar da música, do mar, da literatura e da radio.

· Océano para terrícolas, performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro Contos do Mar de Irlanda.
Lugar: Centre Cívic Pati Llimona (Carrer del Regomir 3, Barcelona)
Día e hora: mércores 14 de outubro ás 19:30h.
Custe: de balde.

Descripción:
Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén –na escola, nos medios de comunicación, nos eventos públicos- lle tiña falado do mar. Descubriu tamén que esta ausencia de océano era común á inmensa maioría das súas veciñas e veciños. Decidiu pois facer algo elemental: Preguntar sobre o mar ás persoas máis próximas. Axiña apareceron por todos os curruchos mariñeiros, mariscadoras e vellos patróns, que lle foron amosando un universo –sustento económico da nosa propia realidade absolutamente descoñecido para o terrícola.

Desta iniciación naceu un libro, “Contos do Mar de Irlanda”. E tamén “Océano para terrícolas”. Un espectáculo radicalmente interactivo, porque nel os asistentes descobren e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.

Até o momento ten realizado unhas sesenta representacións por diferentes lugares do país, dende a ribeira á montaña, e mesmo tamén en xeografías distantes como Lisboa ou Bruxelas.

Medre o Mar!

 

· Ademais, coma adianto na cidade, o mesmo 14 de outubro ao mediodía o propio Souto estará en Cadena SER Catalunya no programa Especies Protegides.

 

· Por último e dous días máis tarde, o venres 16 de outubro, na Universitat de Barcelona (UB) nun acto aberto, Xurxo Souto conversa canda Eva García e Xaquín López:

Dúas décadas de música, literatura e radio.
Lugar: Sala del Professorat. Edifici Josep Carner. Carrer d’Aribau 2, 5è pis de Barcelona.
Día e hora: venres 16 de outubro, de 12:30h. a 14:00h.
Acto aberto.

Xurxo Souto inaugura a primeira LudoteGa do curso!

Imprimir

Comezamos coa primeira LudoteGa do curso
Xa estamos de volta con ilusións, proxectos e moitas ganas de pasalo ben….

Así que ide apuntando na axenda, porque faremos un encontro o sábado 17 de outubro, ás 17 horas no Ateneu Roig (Carrer Torrent d’en Vidalet, 32-34, no barrio de Gràcia) no local da sede da Asemblea Cultural Galega de Barcelona. Faremos unha merenda na que cadaquén traia algo para compartir, cantaremos cancións, miraremos contos e recibiremos unha visita moi especial….. vainos vir ver Xurxo Souto coa súa familia!!! Vide a participar, a darlles a benvida… e que Medre o Mar!!!

Obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego

pande_2015_gal

Os obradoiros de pandeireta e canto tradicional galego comezan o 1 de outubro de 2015.

Nivel iniciación: martes, de 20:30h a 21:30h

Nivel intermedio: xoves, de 20:30h a 21:30h

Nivel avanzado: xoves, de 19:30h a 20:30h

Onde? En Carrer Tenor Masini, núm. 50. A 2 minutos do metro Pl. de Sants (L1 e L5), e a 5 minutos do metro Pl. del Centre (L3).

Prezo: 45€ / 35€ para socios da ACGB (Asemblea Cultural Galega de Bcn: http://acgb.gal).

Número de prazas: 12 en cada nivel.

Inscricións no correo bcnpandeireta@gmail.com

Agardámosvos!!


Els tallers de pandeireta i cant tradicional galego començan el 1 d’octubre de 2015. 

Nivell inicial: dimarts, de 20:30h a 21:30h

Nivell intermedi: dijous, de 20:30h a 21:30h

Nivell avançat: dijous, de 19:30h a 20:30h

On? Al Carrer Tenor Masini, núm. 50. A 2 minuts del metro Plaça de Sants (L1 i L5), i a 5 minuts del metro Plaça del Centre (L3)

Preu: 45€ / 35€ per als socis de l’ACGB (Asemblea Cultural Galega de Bcn http://acgb.gal). Nombre de places: 12 a cada nivell.

Inscripcions en el correu bcnpandeireta@gmail.com

Adiante Catalunya! Galiza pola independencia

Gz_pola_independencia

“Adiante Catalunya! Galiza pola independencia”. Baixo este lema a Assemblea Nacional Catalana (ANC), o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Súmate organizan un acto de balde e aberto ao público o vindeiro 10 de setembro na barcelonesa plaça de Sóller de Nou Barris.

No acto intervirán:

> Antonio Baños (CUP)
> Bieito Lobeira (BNG)
> Camilo F. Valdehorras (Foro Cívico Galego de BCN)
> Eduardo Reyes (Súmate)
> Isabel Vallet (CUP)
> Liz Castro (ANC)
> El Padre Manel
> Rafael Delgado (Proceso-Los Propios)
> Raül Romeva (Juntos el Sí)
> Xavier Vence (BNG)

O espazo completarase con postos sobre cultura galega e haberá a posibilidade de degustar o polbo “á feira” do restaurante Arume do Raval -quen co seu polbo gañou o premio á mellor tapa de Catalunya no 2014- e bebidas tradicionais galegas. A tarde estará amenizada con rock bravú a partires das 17 h con DJ Nacho – O jarbanzo negro e, ao serán, entre as intervencións, haberá a música comprometida de Jei Noguerol, Mini e Mero e Sés. Ademais, o artista plástico galego afincado en Barcelona, Anxo Baranga e Jaume Muelas, realizarán en vivo o mural “En construción”. O acontecemento pecharase co himno galego e Els segadors, interpretados con gaita coa voz galega de Loaira. O acto será presentado por Suso Mon, presidente de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGAC).

11 de setembre: “Un país lliure, un país millor”

11S_201511S_2015:2

Cada 11 de setembre Gent de la terra organitza La Mostra d’Entitats al Passeig de Lluís Companys davant de l’Arc de Triomf, a Barcelona. La Mostra, que comença ben d’hora i acaba al capvespre, vol ser una exposició àmplia i explícita de treballs i projectes al voltant de la nació catalana, la seva societat i la recerca de les seves llibertats individuals i col·lectives. També l’ACGB hi participa recolzant “Un país lliure, un país millor”. Aquest lema és una campanya que es va encetar el mes de febrer de 2014 i que l’1 de setembre del mateix any va obrir un nou camí a la xarxa i esperem que continui creixent.

Desexámosvos un bo día da Diada Nacional.