Arquivo por autores: Jose Carlos

17 de Xuño 3ª FIA en Girona! Xantar de merendeira, concurso de postres e foliada, quen da máis?

FIA Foliada intercultural aberta

View original post

Comezamos coas Tranqui-FIAS!

FIA Foliada intercultural aberta

“Ola a tod@s!
Queremos anunciar a 1ª TranquiFIA no Ateneu Roig (c/Ciudad Real 25), o luns 11 de xuño de 19h a 21h30 aprox.
 
A idea é dar voz ós intrumentos e cantos que quedan tapadiños polas gaitas e bombos!! Ademáis de tomar unhas cañitas o zume tranquilamente escoitando e tocando música.
 
Buscamos: Instrumentos que toquen baixiño, tipo frautas, acordeon, ukulele, e cordas varias, zanfona, bodhran, cunchas e culleres, pandeiro…
 
Repertorio: aberto, basicamente trad-folk galego, por quenes somos, non? pero aberto a escoitar e aprender doutras músicas.
 

Quen se anima? ImageVémonos!!

View original post

FIA Foliada intercultural aberta

2ª Foliada Intercultural Aberta, organizada coa axuda do Ateneu Roig de Badalona. 

Image

Esta volta vémonos na Plaza de les Palmeres, en Badalona, unha plaza moi xeitosa e con espacio para nen@s!

Mapa: http://g.co/maps/2jqmg
Metro: L2 Sant Roc / L19 La Salut

Haberá música, pinchos de empanada, likor kafé e, arredor das 21:00 … queimada!!

Animádevos!!! Pregamos máxima difusión.

View original post

Xa están aquí!!!

Xa están aquí!! Así foi a presentación da ACGB e da Fia no Ateneu Roig de Gràcia. Grazas a tod@s!

Ja hi són aquí!! Així va ser la presentació de l’ACGB i de la FIA al Ateneu Roig de Gràcia. Gràcies a tothom!!

21 de abril: Foliada en Gràcia!

Image

Presentación da ACGB

Galegas, galegos, catalás, cataláns, cidadás e cidadáns do mundo e da galaxia…

BENVIDAS E BENVIDOS!

O blog da Asemblea Cultural Galega de Barcelona (ACGB) é un espazo virtual de encontro para aquela xente que, vivindo ou de paso por Catalunya, quere achegarse ao activismo cultural, estar ao día das actividades e dos actos da ACGB ou participar nalgún dos seus proxectos.

A ACGB agrupa colectivos e persoas de diferentes ámbitos. Baixo o seu paraugas atoparás dende colectivos xa históricos (como a compañía de teatro Furafollas) ata proxectos que acaban de arrincar (como a LudoteGa ou a FIA de Barcelona). Na páxina de cada proxecto atoparás información detallada sobre como colaborar. A participación nos proxectos esta aberta a todo o mundo. Se tes algunha idea ou algún proxecto novo que che gustaría pór en marcha, non o dubides e contacta con nós.

A ACGB ten unha organización asemblearia para garantir a transparencia e participación de tod@s. Animámoste a asociarte e participar nas asembleas, xa que a sostibilidade do proxecto depende tanto das cotas das socias e dos socios, como das actividades mensuais que se organicen.

Na Axenda da ACGB podes atopar as datas das próximas asembleas e tamén as actividades xa programadas. Tamén podes estar informado a través do noso twitter (@acgbcn) ou no facebook.

Para máis información contacta con nós en info.acgb@gmail.com

Móvete, participa, crea.