Arquivo da categoría: O Arquivo

1º RECOMPILATORIO

Co gallo da “1ª Xuntanza de ACGB”, ACGB TV edita o “1º RECOMPILATORIO”, un breve pero intenso percorrido de ACGB desde os seus inicios. Non están tódolos actos reflectidos, nin sequera o 50% da actividade feita, pedimos desculpas. É imposíbel recoller todo nun vídeo de dez minutos. Pero ACGB TV adquire o compromiso de ir editando para futuras “Xuntanzas de ACGB” novos vídeos que vaian enchendo os furados desta primeira edición, que vós preste!!

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA (2014)

Un video para a historia de ACGB.

O día 24 de febreiro de 2014, ACGB participa no acto que a PLATAFORMA PER LA LLENGUA organizou no PARLAMENT DE CATALUNYA en conmemoración do “Día Internacional da Lingua Materna” e como celebración dos 10 anos da creación da “Xarxa Associativa de la Immigració” que dinamiza a propia

“O ARQUIVO”

Encetamos hoxe “O ARQUIVO”, un novo espazo do canal ACGB TV.  Aquí imos ir incorporando documentación audiovisual relacionada con toda a comunidade galega de Barcelona. Non so a que fai referencia a ACGB, se non tamén a outras entidades galegas que existiron i existen en Barcelona.

Para comezar, aquí tedes o vídeo “XA ESTAN AQUI!!!”, que recolle a presentación pública que se fixo de ACGB no Ateneu Roig, barrio de Gràcia. Publicouse no youtube o día 22 de abril de 2012.

Que vos preste!!!