Arquivo da categoría: cociña

IV Cocido da ACGB

Cartaz cortesía de Miriam Dida

O vindeiro sábado 19 de febreiro celebraremos o IV Cocido da ACGB no Ateneu Roig, ás 14:00 h

O prezo do xantar será de 15€ para socias da ACGB, 18€ entrada xeral e 7€ para menores de 16 anos. Haberá opción de xantar vegano.

A partir de hoxe, luns 7 de febreiro á tarde, comezará a venda física de entradas no Ego Galego (C. de Goya, 20) e xoves 10, tamén á tarde no Ateneu Roig (C. del Torrent d’En Vidalet, 34). O número máximo de entradas que se poderán mercar por persoa é de 4. Hai aforo limitado así que non o dubidedes!

Animádevos porque os nosos cocidos son un éxito total: polo sabor, polo recendo e pola compañía! 🥳

Cocido 2020

Cocido ACGB 2020

O cocido anual da ACGB xa forma parte da tradición e está instaurado nas nosas retinas, no noso corazón e no noso bandullo.

Este ano será o sábado 7 de marzo ás 14.00 h no Ateneu Roig.

Recoméndase chegar un chisco antes para coller sitio.

O prezo do xantar é de:

  • 13€ para socixs*
  • 16€ para non socixs
  • 7€ para as crianzas.

* Para facerse socix ou renovar a cota de 2020, aquí tedes a información: http://www.acgb.gal/asociate

O menú inclúe: Cocido + auga/viño tinto + sobremesa.

Os billetes estarán á venda no Ateneu Roig (se hai persoal da ACGB) e no Ego Galego (sempre).

Hai aforo limitado!!

AVISO: se comprades o billete e finalmente non podedes vir, non hai devolución dos cartos.

Despois do cocido haberá foliada con sabor de Lk.

Non hai escusa para non vir!!

ACGB ‘als fogons’

Esta mañá tivo lugar no Mercado da Boqueria de Barcelona a presentación do libro “El català als fogons”, un libro de cociña elaborado pola Plataforma per la Llengua, que recolle 14 recetas elaboradas por entidades de persoas inmigradas en Catalunya. A través da lingua catalana, este recetario pretende dar a coñecer recetas e tradicions culinarias de diferentes culturas, así como información sobre as entidades participantes e os diversos lugares de orixe. Inclúe tamén vocabulario culinario en catalán e as diferentes linguas participantes.

A ACGB colaborou no proxecto presentando unha deliciosa Bica de Trives, elaborada por unha das nosas socias . A Plataforma facilitounos un exemplar do libro para cada soci@, así que tod@s poderedes disfrutar desta e outras recetas do mundo.

Agradecemos á Plataforma per la Llengua que contasen con nós para esta iniciativa… xa que da comida coma nexo social e cultural os galegos sabemos un rato, non sí?

Bo proveito!